A Deputación espera xerar 50 postos de traballo e seis empresas no rural cun novo plan

O plan está dotado con 200.000 euros

Sonsoles López Izquierdo. EP
photo_camera Sonsoles López Izquierdo. EP

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este venres que poñerá en marcha un plan dotado de 200.000 euros para que os Concellos soliciten axudas co fin de formar a rapaces entre os 16 e os 30 anos. A finalidade é que se inserten no mundo laboral.

"Grazas ao Real Decreto aprobado polo Executivo de Pedro Sánchez ofrécense novas solucións para o rural, a través de subvencións directas ás propias entidades locais para xerar emprego e frear o despoboamento”, asegurou Sonsoles López Izquierdo durante a rolda de prensa.

A iniciativa está dirixida a un total de 55 concellos da provincia, todos de menos de 5.000 habitantes e cun saldo vexetativo negativo nos últimos dez anos. A Deputación espera que se creen un mínimo de 50 novos empregos e 6 novas empresas.

O programa posto en marcha pola Deputación terá dúas fases: a primeira consistirá na formación de mozos en sectores punteiros da provincia e a segunda fomentará o emprendemento. Tanto as empresas como os participantes no programa recibirán unha serie de axudas.

Comentarios