domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

A Deputación celebrará vía telemática a Xunta de Goberno e o Pleno de xaneiro

Fachada de la sede de la Diputación de Lugo. AEP
Fachada de la sede de la Diputación de Lugo. ARCHIVO

O goberno provincial decidiu reforzar a protección da saúde dos traballadores tras a detección de tres positivos na plantilla

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou que, tanto as reunións da Xunta de Goberno que restan de xaneiro, como as comisións informativas previas ao Pleno deste mes e a propia sesión plenaria, prevista para o vindeiro martes, día 26, celebraranse vía telemática. Esta decisión enmárcase no conxunto de medidas que o mandatario provincial decidiu adoptar para reforzar a prevención e a protección da saúde dos traballadores e traballadoras da entidade e da cidadanía ante o forte repunte da incidencia da pandemia a nivel xeral e despois dos tres casos detectados no conxunto da plantilla da institución.

Ante o repunte de casos por Covid-19, a Deputación decidiu reforzar as medidas de prevención e protección que xa tiña en vigor, ampliando ao conxunto da plantilla o traballo non presencial, en todos os casos nos que esta modalidade sexa posible, para reducir ao mínimo imprescindible a presenza de traballadores e traballadoras nas dependencias provinciais entre este luns, día 18, e o 31 de xaneiro. Con este mesmo obxectivo, celebrará vía telemática durante este período as reunións da Xunta de Goberno, así como as comisións informativas previas ao Pleno e a sesión plenaria ordinaria deste mes.

A Deputación informa de que, seguindo as indicacións do Sergas, José Tomé gardará corentena ata o vindeiro luns por ter estado en contacto cun positivo por Covid, aínda que, segundo as probas que lle foron realizadas ata o momento, deu negativo e continúa desenvolvendo o seu labor dende o seu domicilio.
 

A Deputación celebrará vía telemática a Xunta de Goberno e o Pleno...
Comentarios