miércoles. 18.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 18.05.2022
El tiempo

Da Escola á Granxa achega aos nenos a proxectos de emprendemento rural

Mónica Freire presentou o programa Da Escola á Granxa.
Mónica Freire presentou o programa Da Escola á Granxa. V. RODRÍGUEZ
O programa de Medio Rural da Deputación financia visitas escolares a granxas e empresas

A deputada Mónica Freire presentou o programa Da Escola á Granxa, unha nova iniciativa da área de medio rural da Deputación que ofrece ao alumnado a posibilidade de visitar gandeirías, explotacións agrarias e pequenas empresas de transformación de produtos agrogandeiros.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este viernes a convocatoria, dirixida ás Anpas, que poderán solicitar visitas a algunha das 25 granxas e entidades participantes no proxecto. Esta ampla oferta educativa inclúe desde visitas para coñecer de primeira man o manexo de animais e cultivos, obradoiros de elaboración de produtos e outras actividades divulgativas ligadas ao coñecemento da contorna e a educación ambiental.

Mónica Freire explicou que o programa incide na promoción e valorización do sector primario como un dos piares da dinamización económica e do equilibrio territorial da provincia, na mesma dirección doutras iniciativas desenvolvidas desde a área de medio rural como a plataforma de venda en liña Son de Lugo ou a colaboración coas asociacións agrogandeiras.

Da Escola á Granxa contribuirá a reforzar lazos entre proxectos de emprendemento no sector primario que comparten "a aposta polo rural, por producións de calidade e por modelos e formas de manexo sostibles e adaptadas ao territorio", dixo a deputada nacionalista. Ao mesmo tempo se configura "unha oferta de recursos e servizos educativos que pode diversificar e completar as rendas das explotacións, como acontece noutros países europeos e se recolle na Política Agraria Común", engadiu.

Freire sinalou a necesidade deste tipo de iniciativas "para que os nenos e nenas coñezan e valoren os produtos de proximidade e a importancia do sector primario tanto no abastecemento alimentario coma no mantemento da paixase, do territorio ou da cultura". Outro obxectivo é "afastar ese estigma social arredor do rural, visibilizando referentes".

No acto interviron representantes de entidades que participan no programa, como Diego Fernández da gandeiría Casa da Escola de Gundivós, en Sober; Suso Mazaira da queixería chantadina Airas Moniz; e Iván Rodríguez, de Criadores de Porco Celta.

ENTIDADES PARCIPANTES. Da Escola á Granxa ofrece ao alumnado a opción de coñecer de primeira man a produtores e entidades de referencia no seu ámbito, e con experiencia na organización de actividades con escolares.

Na elección dos participantes buscouse una ampla distribución polo territorio e unha oferta formativa variada, desde os produtos da horta ata castañas, mel, ovos, leite e carnes de vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar. A oferta inclúe tamén obradoiros de agricultura ecolóxica a cargo de Adega nos propios centros.

A convocatoria está dirixida a Anpas de centros públicos de educación infantil e primaria de municipios de ata 20.000 habitantes. O importe das axudas oscilará entre os 300 e os 600 euros, en función do orzamento e das solicitudes.

As Anpas dispoñen de 20 días hábiles, desde hoxe, para tramitar as peticións, dacordo coas bases publicadas no BOP e dispoñibles na web da Deputación, no apartado de medio rural. As axudas daranse por orde de chegada ata esgotar o orzamento de 40.000 euros.

Da Escola á Granxa achega aos nenos a proxectos de emprendemento rural
Comentarios