viernes. 30.10.2020 |
El tiempo
viernes. 30.10.2020
El tiempo

O Consorcio de Bombeiros convoca dúas prazas de Administrativo e unha de Coordinación de Parques

Un camión de bombeiros. AEP
Un camión de bombeiros. AEP
A Comisión Executiva da entidade aprobou este xoves a Oferta Pública de Emprego 2020 e as bases que rexerán o proceso

A Comisión Executiva do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, presidida pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, aprobou este xoves nunha sesión celebrada por vía telemática a Oferta Pública de Emprego (OEP) 2020 e as bases que rexerán o proceso. 

A OEP do Consorcio inclúe dúas prazas de Administrativo e unha de Coordinación de Parques. No caso das prazas de Administrativo, servirán para a provisión definitiva de dous postos que agora mesmo están ocupados de maneira provisional, e terán categoría C1. No caso do Coordinador de Parques, é unha praza de persoal laboral vacante, que estivo dous meses cuberto por 1 sarxento dun dos parques e que vén de quedar libre. O posto de Coordinador de Parques ten como obxectivo establecer criterios comúns nas actuacións e na organización dos seis parques da provincia dende o punto de vista técnico, mellorando así o servizo. 

Está previsto que nos vindeiros días se publique no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Oferta Pública de Emprego. Logo publicarase a convocatoria e as bases no BOP e no BOE.

O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro

O Consorcio de Bombeiros convoca dúas prazas de Administrativo e...