As choivas volven a Lugo con alertas na Mariña e na Montaña

Galicia estará este domingo baixo a influencia dunha borrasca e as temperaturas caerán liexeiramente
Una mujer camina bajo la lluvia. EFE
photo_camera Unha muller camiña baixo a choiva. EFE

Galicia estará durante este domingo baixo a influencia dunha borrasca que se situará ao noroeste, polo que se esperan ceos cubertos con precipitacións que serán máis persistentes pola tarde e que estarán acompañadas de tormenta eléctrica pola noite.

Mentres tanto, segundo información de Meteogalicia, as temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, aínda que que as máximas, pola contra, experimentarán un pequeno ascenso.

Así, por cidades, os termómetros poderán caer até os 7 graos en Lugo, mentres que as temperaturas máis altas situaranse na Coruña e Pontevedra, con 18 graos.

ALERTAS METEOROLÓXICAS. A Xunta activará o nivel de alerta amarela por choiva para os concellos da Mariña e da Montaña de Lugo a partir das 18.00 horas deste domingo, prolongándose esta situación durante a xornada do luns. Unha situación similar vivirán os municipios da costa coruñesa, a montaña ourensana e o interior da provinicia de Pontevedra.

En canto ao mar, o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra oscilarán entre os niveis amarelo e laranxa entre as xornadas do domingo en do luns tanto por vento no mar como por ondas.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 10° 18°

Ferrol 11° 17°

Lugo 7° 15°

Ourense 9° 16°

Pontevedra 12° 18°

Santiago 10° 15°

Vigo 12° 17°.

Comentarios