O filólogo Carlos Vázquez presentou en Lugo un estudo sobre a historia de Monterroso

O acto contou coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro, quen destacou o "minucioso traballo do autor"
Carlos Vázquez e Iria Castro, no acto de presentación. EP
photo_camera Carlos Vázquez e Iria Castro, no acto de presentación. EP

O escritor e filólogo Carlos Vázquez presentou na cidade de Lugo a obra Monterroso: un orónimo, unha xurisdición, un concello xunto á deputada de Cultura, Iria Castro. A publicación, editada polo Servizo de Publicacións dependente da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, aborda os feitos máis salientables da historia do concello de Monterroso dende as primeiras manifestacións de asentamentos humanos ata o século XIX.

A deputada de Cultura destacou no acto o minucioso traballo do autor, Catedrático de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario e presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. Asimesmo, explicou "a labor que o Servizo de Publicacións desenvolve para facilitar que este tipo de publicacións, que abordan e documentan a historia local, sexan editados e teñan a distribución e a difusión que lles corresponde".

Comentarios