jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Candia di que o PP está "mellor posicionado" para gobernar na Deputación

Elena Candia. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Elena Candia. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A líder do Partido Popular en Lugo asegura que "queda moito partido por xogar"

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, afirmou este martes que o seu partido está "mellor situado" para conseguir o goberno da Deputación Provincial nas próximas eleccións locais que nas últimas convocatorias, nas que quedou a un único deputado da maioría absoluta e non puido asumir o mando da institución pola suma de nacionalistas e socialistas.

Candia mostrouse totalmente convencida de que o PP presentará candidaturas nos sesenta e sete municipios da provincia de Lugo, ademais de lembrar que, neste momento, os populares teñen "tres alcaldías máis, tanto Barreiros, como Palas de Rei, como Chantada", cuxos rexedores locais se reincorporaron á formación política. "E seguimos sumando", dixo Candia, porque "se sumamos témolo máis fácil".

"Unha vez construídos os equipos, creo que imos na boa dirección. Si creo, con total humildade, que estamos mellor situados para conseguir o goberno da Deputación despois das eleccións municipais. Dígoo con total humildade e consciente de que queda moito partido por xogar", engadiu en declaracións aos medios de comunicación, antes de entrar no pleno provincial.

En canto ás candidaturas, precisou que algunhas "non están anunciadas aínda", pero tamén asegurou que o partido segue co proceso de confección das listas "a bo ritmo".

Tamén quixo agradecer a súa postura aos alcaldes que deron "un paso atrás" e participaron "nun proceso de renovación consensuada", porque no PP "non sobra ninguén", pero hai que buscar "esa fórmula entre renovación e experiencia, que tan necesaria é en todas as frontes políticas, pero sobre todo nas eleccións locais".

Candia di que o PP está "mellor posicionado" para gobernar na...
Comentarios