Arrinca o cribado ao persoal dos centros educativos da provincia de Lugo

Máis de 4.000 profesionais están a ser chamados para realizarse as probas da Covid-19
 
Personal sanitario muestra el resultado de un test rápido de detección de anticuerpos. EUROPA PRESS
photo_camera Persoal sanitario mostra o resultado dun test rápido de detección de anticorpos. EUROPA PRESS

Máis de 4.000 mestres e outros profesionais dos centros educativos da provincia de Lugo realizarán test rápidos de anticorpos de dobre banda, co obxectivo de localizar posibles infectados por Covid-19 antes de dar comenzo o próximo curso escolar.

O cribado masivo comezou o pasado luns e levarase a cabo durante uns quince días. Realizarase nos distintos centros de saúde da provincia asignados a cada un dos centros educativos, así como no Hospital Universitario Lucus Augusti. O 90% das probas realizaranse nos centros de saúde e un 10% levarase a cabo no Hula.

Este cribado masivo inclúe tanto a profesionais de escolas infantís, centros de Ensino Primario, Ensino Secundario e Bacharelato, como a centros concertados de toda a provincia de Lugo. 

Ás persoas ás que se lles vai a realizar esta proba, o Sergas facilítalles unha cita a través de teléfono ou SMS, na que se lles indica o lugar, día e hora no que se lles realizará a toma da mostra. 

A extracción consiste nun proceso sinxelo que se realiza mediante "punción capilar" no que se extrae unha pinga de sangue do dedo e o resultado da mostra pódese coñecer en poucos minutos. Se o resultado da proba fose positivo, o Sergas activaría o protocolo establecido, e realizará outras probas diagnósticas complementarias. 

Os test de dobre banda permiten detectar posibles positivos, pero tamén coñecer cales son os positivos activos e cales son os que están inmunizados. Estas probas serven para aumentar a cantidade de casos detectados, mesmo asintomáticos, e aumentar o abano de diagnóstico, polo que teñen unha gran utilidade, xa que permiten diferenciar entre infección aguda, máis avanzada ou curada.

Este tipo de proba diagnóstica foi a realizada no seu momento para o cribado do persoal sanitario, dos corpos e forzas de seguridade e tamén ao persoal de servizos esenciais tales bombeiros, protección civil, técnicos de transporte sanitario e persoal do 061, entre outros.

Comentarios