A Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia (Aprafoga) denunciou este martes a perseza un pescador no río Ferreira, no termo municipal de Portomarín, en época de veda.
O colectivo informou de que procederá a realizar a correspondente acta de denuncia. Segundo Aprafoga, o home foi achado na marxe dereita do río, a situada do lado de Portomarín e non no de Guntín. O pescador exponse a unha multa de entre 3.001 e 25.000 euros por unha infracción grave.
#AxentesAmbientais @Xunta sorprenden no río Ferreira (LU) a un individuo pescando en época de veda. Procédese a realizar a correspondente acta de denuncia.#PoliciaAmbiental#defendemosanatureza pic.twitter.com/T9hK61nZYo
— Aprafoga (@APRAFOGA) February 16, 2021