Lunes. 12.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 12.11.2018
El tiempo

O xornalista guntinés Xavier Lama gaña o premio Pérez Lugín

Xavier Lama. AEP
Xavier Lama. AEP

O redactor de TVG mereceu o galardón polo seu traballo Somos cultura da auga

O xornalista da canle Televisión de Galicia (TVG) Xavier Lama, orixinario de Guntín, foi proclamado este venres vencedor do LXXVII Premio Pérez Lugín, convocado pola Asociación da Prensa de A Coruña (APC).

Este redactor da TVG gañou o premio xornalístico, dotado con 3.000 euros, cun traballo titulado Somos cultura da auga, indica a APC nun comunicado.

Esta edición do Premio Pérez Lugín, o galardón xornalístico máis antigo de España convocado pola APC e patrocinado pola Xunta, tiña como tema O ciclo da auga na perspectiva do século XXI, precisa a nota.

O xornalista guntinés Xavier Lama gaña o premio Pérez Lugín
Comentarios