Veciños de Outeiro de Rei móbilízanse para reclamar pasos de peóns na Nacional VI

A protesta produciuse este sábado ante o restaurante Soborvila

Protesta en Outeiro de Rei pedindo un paso de peóns. EP
photo_camera Protesta en Outeiro de Rei pedindo un paso de peóns. EP

Varios veciños de Outeiro de Rei secundaron a mobilización convocada polo BNG do municipio para reivindicar a colocación de pasos de peóns que permitan atravesar con seguridade a N VI.

A protesta, que tivo lugar este sábado diante do restaurante Soborvila, a carón da propia estrada, consistiu na instalación dun paso de peóns simbólico.

O voceiro nacionalista en Outeiro de Rei, Xosé Ferreiro, fixo referencia á situación "única" da vila, "xa que non existe ningunha outra onde non haxa absolutamente ningún paso para poder cruzar a N-VI dun lado a outro".

Ademais desta protesta, que se suma as realizadas dende hai varios anos polo BNG, Ferreiro destacou "a necesidade de urbanizar o tramo da N-VI ao seu paso por Outeiro". Tamén pediu ao Concello que, unha vez urbanizado, "solicite a trasferencia deste tramo a Fomento, e así se eliminen os 56 metros de restricións que teñen as estradas estatais", concluíu.

Comentarios