jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

Silvia Fernández: "Atenderemos familias con nenos de entre cero e 16 anos"

O baixo comercial estará situado no 106 da rúa Rosalía de Castro. GOOGLE  MAPS
O baixo comercial estará situado no 106 da rúa Rosalía de Castro. GOOGLE MAPS
A tenda de roupa infantil Reino Máxico abrirá as súas portas o 7 de febreiro en Castroverde

Silvia FernandezREINO MÁXICO é o nome da nova tenda de moda infantil que abrirá en Castroverde o próximo 7 de febreiro. Á súa fronte estará Silvia Fernández García, unha moza emprendedora que aspira a converter este establecemento nun referente na comarca.

Como se decidiu a poñer en marcha este negocio?
Foi un pouco froito da miña propia maternidade. Eu traballaba no sector da hostalería e cando naceu o meu bebé deime conta de que nin en Castroverde nin noutros municipios próximos había ningunha tenda especializada en moda infantil.

Que franxa de idade abarca?
Comercializaremos pezas para nenos de entre 0 a 16 anos. Tamén teremos algúns produtos de puericultura como cestas de agasallo para recén nados, algún tipo de xoguetes e distintos tipos de accesorios para as familias.

Cales son as marcas que vai comercializar?
Ao comezo imos comercializar roupa da marca Boboli, que é unha empresa catalá que destaca pola boa relación calidade- prezo dos seus produtos. Máis adiante e en función da demanda, iremos incorporando outros fabricantes.

Cal é a dirección da tenda?
Estaremos nun baixo comercial situado no 106 da rúa Rosalia de Castro. Trátase da vía principal de Castroverde e é un lugar de bastante paso de xente, polo que esperamos ter boa aceptación entre as familias.

Terán tenda en liña?
Si, estamos a finalizar o deseño da nosa web reinomaxico.es. Nela o usuario poderá comprar todos os nosos artigos.

Silvia Fernández: "Atenderemos familias con nenos de entre cero e...
Comentarios