Queixas no SAF de Castroverde por non recibir atención desde o día 1 de febreiro

Os afectados ven a situación moi grave, xa que moitos dos usuarios son persoas que viven soas e necesitan deste servizo para o seu día a día
Servizo de Axuda no Fogar (SAF). PIXABAY
photo_camera Servizo de Axuda no Fogar (SAF). PIXABAY

Usuarios do Servizo de Axuda no Fogar de Castroverde trasladaron as súas queixas ao Concello por non recibir atención desde o día 1 de febreiro.

Os afectados ven a situación moi grave, xa que moitos dos usuarios son persoas que viven soas e necesitan deste servizo para o seu día a día. Tamén expresaron a súa sorpresa, xa que mentres na oficina municipal de servizos sociais lles dixeron que nos últimos días se multiplicaran as queixas recibidas por estes fallos, unha vez que se puxeron en contacto co alcalde, Xosé María Arias, este non estaba ao corrente do que pasaba.

O rexedor púxose este xoves en contacto coa xerencia da nova empresa concesionaria, quen lle comunicou que eran fallos puntuais, debido a que acababa de asumir estes labores o mesmo día 1. En todo caso, o rexedor convidou a todas as persoas que teñan algún tipo de queixa relacionada con este tema para que llo comuniquen directamente e dar así unha rápida solución ás incidencias que poidan xurdir.

Comentarios