viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Portomarín recupera a mítica Taberna do Martiño tras 60 anos

Ana Vázquez (esquerda) e Lorena Platas.
Ana Vázquez (esquerda) e Lorena Platas.
Ana Vázquez ponlle ao seu novo local o nome do negocio que atendían seus avós na antiga vila

A Taberna do Martiño regresa a Portomarín despois de case 60 años. A hostaleira Ana Vázquez recupera para o seu novo local o nome do negocio que rexentaban seus avós na vella vila, como guiño á familia. "Mi abuelo Ramón era pescador, así que la taberna era conocida por sus anguilas", recorda Ana. Esta casa de comidas, como tantos outros negocios, pechou cando a localidade quedou anegada pola construción do encoro de Belesar, na década dos anos 60.

"Cuando se inundó el antiguo Portomarín, mi abuelo empezó una nueva vida en Lugo", explica a dona, que busca rememorar a esencia da súa familia materna. Continuando coa tradición dos seus parentes, Ana decidiu emprender este proxecto con súa filla Alejandra Rigueira e súa sobriña Lorena Platas. Ante a crise do Covid-19, a hostaleira compaxina o seu albergue coa Taberna do Martiño, un pequeno local situado no número 2 da rúa Fraga Iribarne, un lugar moi transitado polos centos de peregrinos que visitan o concello cada ano debido á súa localización privilexiada.

A idea de levar a cabo esta iniciativa xurdiu en pleno confinamiento, cando Ana, súa filla e súa sobriña vironse obrigadas a buscar unha nova fonte de ingresos a raíz da crise do coronavirus. "Seguimos con el albergue, aunque no hemos recibido a ninguna persona hasta ahora", argumenta a portomarinense, que leva uns seis anos traballando nel coa súa filla Alejandra.

Ata o momento, a maior parte dos clientes que reciben na taberna proceden da propia vila, pero a dona confía en que todo volva progresivamente á normalidade e se recupere o turismo. "Portomarín no es lo que era, pero cada vez hay más peregrinos y tenemos mucha ilusión", afirma a hostaleira.

A comezos de xuño, Ana abriu as súas portas ao público baixo o lema "se necesitan clientes, no hace falta experiencia".

Ofrece "un servicio sencillo para todos aquellos que quieran disfrutar de un buen vino y de productos autóctonos de la comarca", explica.

Portomarín recupera a mítica Taberna do Martiño tras 60 anos
Comentarios