Pechada ao tráfico a  LU-P-1611 en O Corgo polo afundimento da calzada

A ruta alternativa, que xa está sinalizada na rotonda de Gomeán, será a estrada de Nadela cara á nacional.

A estrada LU-P-1611 que atravesa a Ponte Maceda do Concello do Corgo, quedou pechada ao trafico este venres por un afundimento da calzada na ponte. Concretamente o corte do vial está situado no punto quilométrico 7.

A ruta alternativa, que xa está sinalizada na rotonda de Gomeán, será a estrada de Nadela cara á nacional. Dende os servizo de vías e obras da Deputación de Lugo avanzan que xa está feito o proxecto de rehabilitación desta estrada, que se executará nos vindeiros días.

Comentarios