A oferta lúdica de Nadal no Corgo inclúe un campamento e a cabalgata de Reis

Visita de los Reyes a O Corgo en 2018. ARCHIVO
photo_camera Visita de los Reyes a O Corgo en 2018. ARCHIVO

O Concello do Corgo vén de pechar a súa programación lúdica de Nadal para os máis pequenos, que, entre outras propostas, incluirá a celebración dun campamento

Esta actividade desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro, en horario de mañá no centro sociocultural. Diríxese a nenos de entre tres e doce anos de idade e para participar hai que inscribirse antes do día 20. Amplían a información nos teléfonos 982.30.23.77 ou 620.73.15.43. Dende o Concello recomendan que os participantes leven auga e almorzo para tomalo a media mañá. 

Outra das actividades programadas polo Concello é unha viaxe á capital lucense para asistir ao programa de lecer Xuvenlugo. Será o venres 27, en horario de 16.30 a 20.30 horas no Pazo de Feiras, e o custo da visita é de dous euros por persoa. Neste caso, os interesados en participar teñen que encargar as entradas antes do xoves 26 no centro sociocultural ou chamando ao teléfono 620.73.15.43. 

Por último, o 5 de xaneiro volverá celebrarse a tradicional cabalgata de Reis. Partirá ás 16.30 horas do centro sociocultural con destino ao pavillón municipal. Tras a visita dos Reis Magos de Oriente e a entrega de agasallos, haberá chocolate e roscón para os participantes. Para poder subir ao escenario a recoller regalos hai que inscribir os nenos antes do 3 de xaneiro.

Comentarios