Obituario: Friol despide masivamente á nonaxenaria Virtudes Barreiro Lamas

A avoa de madriña do alcalde friolés gozaba de boa saúde malia a súa avanzada idade

Os frioleses choran estes días o falecemento de Virtudes Barreiro Lamas, natural da Casa Moreiras do núcleo de Samede, na parroquia de Nodar. A igrexa da súa localidade natal acolleu os actos de funeral e enterro desta veciña de Friol, que faleceu o pasado martes 30 de xaneiro aos 91 anos de idade. 

A noticia da súa repentina morte causou gran conmoción no concello, pois, pese á súa avanzada idade, Virtudes gozaba dunha gran saúde. Viúva de Ovidio Sánchez Espiño, Virtudes dedicouse toda a vida a actividades relacionadas coa agricultura e a gandería xunto co seu cónxuxe, e ambos os dous eran moi queridos no concello. 

Os veciños amosaron o seu enorme pesar por este falecemento á súa filla, Josefa Sánchez Barreiro; ao seu fillo político, José Santos Cabado; ao seu neto e afillado, José Ángel Santos Sánchez (alcalde de Friol); á esposa de este, Vanesa Iglesias Espiñeira, e á súa filla e bisneta da finada, Uxía, además de a irmáns, sobriños, curmáns e o resto da familia. 

Comentarios