lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo

Obituario: Rábade segue consternada polo falecemento aos 36 anos de Montse Vidal

Os restos mortais da esposa do propietario de Carpintería Locaz descansan en Candai (Outeiro de Rei)

Rábade segue consternada polo falecemento de forma repentina, o pasado mércores, da moza Montse Vidal Vázquez. Tiña só 36 anos e deixa dous fillos de 13 e 8 anos, Lois e Elvia, froito do seu matrimonio con Manuel López Cazón, da Carpintería Locaz. Levaban casados 14 anos, pero coñecíanse desde nenos, porque creceron no mesmo edificio de vivendas en Rábade.

Montse viviu nesta localidade lucense desde nena, a pesar de que nacera na Coruña. Era unha muller responsable e íntegra, que se dedicaba en corpo e alma a coidar á súa familia, na que deixa un oco moi difícil de encher. Desde o mércores descansa no cemiterio parroquial de San Vicente de Candai, en Outeiro de Rei, en cuxa igrexa se celebrou o funeral pola súa alma. Descanse en paz.

Obituario: Rábade segue consternada polo falecemento aos 36 anos de...
Comentarios