lunes. 17.02.2020 |
El tiempo
lunes. 17.02.2020
El tiempo

Juanes comeza a Transpirenaica co reto de recorrela a pé e sen asistencia

Juanes, listo para comezar a Transpirenaica. ÁLEX PARADELA
Juanes, listo para comezar a Transpirenaica. ÁLEX PARADELA
Trataríase da primeira vez que unha persoa lograse enlazar o Cantábrico e o Mediterráneo durante o inverno sen ningún avituallamento

O aventureiro castroverdés Jesús García Juanes xa enlazou o mar Cantábrico e o Mediterráneo a pé sen avituallamento, pero fíxoo no verán. O seu novo reto é facelo no inverno. Este lunes ás 8.00 horas da mañá sairá da praia de Hondarribia, e espera rematar na praia de Llança, en Girona. En canto tempo? "Se poño a previsión, mátame a muller", bromea.

A noite deste domingo Juanes collerá o bus que o levará ao País Vasco. Con el irá o seu carro Pulka, unha especie de trineo que reformou para axustalo á aventura, e que portará os 19 quilos en produtos alimenticios cos que espera cubrir as necesidades durante a viaxe. O resto, outros dez máis, pesarán na mochila.

Esta restrición de avituallamento é común neste aventureiro, que xa recorreou as cinco montañas galegas en cinco días levando tan só cinco cousas, e moitas outras limitacións do estilo. Dalgunha maneira, trátase de recrear as condicións tan duras que os aventureiros asumen nas travesías onde non é posible parar nun bar, nin desenterrar a comida previamente agochada en puntos determinados, coma as do Polo Norte.

Juanes tampouco poderá utilizar refuxios gardados. Terá que estar só, para non recibir asistencia, ou ben montar a súa tenda de campaña, da que só leva a parte exterior para aforrar un quilogramo de peso.

O intrépido castroverdés levará consigo toda a comida que precisa para percorrer os preto de 600 quilómetros da ruta

A este castroverdés gústalle a excepcionalidade. En realidade, xa o é o feito de facer a travesía de mar a mar. Só son catro as coñecidas deste tipo, pois o máis normal é iniciala xa nos puntos altos onde a neve asoma. Deste xeito, terá que enfrentarse a un desnivel acumulado de entre 80 e 100 kilómetros nos 600 que aproximadamente recorrerá. A súa tamén será a primeira que se faga camiñando, sen utilizar esquís.

Voceiro de distintas causas ambientais e sociais coas súas aventuras, nesta ocasión a Transpirenaica invernal sen avituallamento será tamén unha voz contra o maltrato animal, porque así llo solicitou unha familiar súa.

Os motivos para realizar un reto así son, sen embargo a propia aventura da viaxe. "Alguén ten que facelo!", exclama. E pon de exemplo a Carlos Soria, que comezou a escalar as montañas máis altas do mundo con 65 anos, e continúa con 80. Juanes está a piques de cumplir 60, e atópase en plena forma. "Mentres poida e haxa ideas, fareino", engade. Nos vindeiros días publicará no seu perfil de Facebook un diario, onde tamén será posible ver a súa ubicación en tempo real, grazas a un localizador vía satélite.

Juanes comeza a Transpirenaica co reto de recorrela a pé e sen...
Comentarios