"Hipatia de Alexandría representa todos os valores que queremos reivindicar no 8-M"

O CPI de Castroverde inaugura o mural realizado polo artista lucense Diego As
Hipatia de Alexandría é a protagonista do mural de Diego As no CPI de Castroverde. EP
photo_camera Hipatia de Alexandría é a protagonista do mural de Diego As no CPI de Castroverde. EP

O CPI de Castroverde inaugurou este 8 de marzo o mural realizado polo artista lucense Diego As, que ten como protagonista a Hipatia de Alexandría, filósofa e matemática neoplatónica, defensora do coñecemento e da pluralidade de crenzas, brutalmente asasinada na súa época polas súas ideas desafiantes do poder establecido.

O centro quixo renderlle homenaxe para concienciar á comunidade educativa sobre a violencia que aínda hoxe perdura contra as mulleres, e para iso solicitou a financiación do mural ao Concello, que aceptou sufragar a obra.

Diego As, autor do mellor grafiti do mundo segundo Street Art Cities —o Julio César que vixía a muralla de Lugo— agradeceu a confianza depositada nel por parte do Concello de Castroverde e do propio centro educativo, desde onde se propuxo a idea de retratar a figura desta filósofa. 

A proposta encantoulle a Diego As, xa que "Hipatia de Alexandría representa todos eses valores que queremos reivindicar hoxe e todos os días".

Comentarios