miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

O forno de Bonxe recende a toxos

Momento da carga dos cacharros no forno de Bonxe. EP
Momento da carga dos cacharros no forno de Bonxe. EP
A aldea acolleu a primeira xornada de cocedura tradicional de ola, que levantou gran expectación

A parroquia de Bonxe (Outeiro de Rei) acolleu este domingo a primeira xornada de cocedura tradicional de pezas de barro. A actividade levantou gran expectación e as olas cocéronse tal e como o facían antigamente os cacharreiros da zona: no forno e con toxos.

A iniciativa levouse a cabo nas instalacións que posúe a artesá cacharreria Pepa Lombao no lugar da Veiga, e tiña como finalidade poñer en valor a cerámica tradicional. A cita arrancou xa o venres coa colocación das pezas no forno. Lombao sinalou que participaron unha ducia de voluntarios, e preto de 30 persoas -entre as que se atopaban alumnos da escola de arte- achegáronse para ver como era o procedemento. "Trátase dun xeito de cocer que xa non se fai na actualidade e a xente tiña moita curiosidade", dixo Lombao.

O día grande celebrouse o domingo coa cocedura de tódalas pezas, e ao rematar, os asistentes desfrutaron dunha degustación de castañas e bolos preñados elaborados no forno de leña. Este luns procederase a descargar o forno para ver como quedaron os cacharros.

A xornada estivo organizada pola asociación Canaveira, formada por lucenses para difundir o legado cultural dos catro centros oleiros da provincia de Lugo (Bonxe, Samos, Mondoñedo e Gundivós).

O forno de Bonxe recende a toxos
Comentarios