domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

Un documental retrata a sete mulleres de Castroverde para celebrar o 8-M

202102281400049303
Estrella Ramos, nun momento do documental. EP
A peza, dirixida por María Nogueira co apoio do Concello, poderá verse nas redes ese día

2021022814000493818Coñecer un pouco máis ás veciñas coas que nos cruzamos todos os días é o obxectivo do Concello de Castroverde para celebrar este 8 de marzo. Tamén o xesto co que María Nogueira (en la imagen) colleu a súa cámara, pero esta vez para mudar a fotografía, oficio que exerce neste municipio, polo vídeo.

O documental 'Nós, as mulleres', que poderá verse o 8 de marzo nas redes sociais do Concello de Castroverde, recolle entrevistas con sete mulleres do municipio, a propia Nogueira incluída. As preguntas son sinxelas, pero as respostas dan outra profundidade sobre estas mulleres que, inda que moitas delas non tiveron até agora visilidade nos medios de comunicación, teñen historias igual de valiosas cás dos rostros máis coñecidos.

Así o pensa Nogueira, que recoñece que "as persoas que quixeron participar agradeceron moito a posibilidade de falar, de contar a súa historia vencellada co mundo laboral", indica.

Estrella Ramos, propietaria de Ramos Casanova; Manuela Castedo, ama de casa; Rocío Fernández, á fronte da zapatería Rocío Selección; María Otero, que con 21 anos abriu o supermercado Otero; Manuela Vázquez, propietaria da entidade de aconsellamento Agriña, e Maribel e Marisa Fernández, propietarias da casa de turismo rural A Longarela, son as voces que falan neste documental, ademais da propia Nogueira, que tamén considerou importante implicarse canda elas e non só detrás da cámara.

"A idea é a de coñecer o que hai detrás dun negocio ou dun traballo, neste caso mulleres con moita forza", indicó Nogueira. Segundo di Estrella Ramos no documental, "a muller traballadora é moito máis traballadora do que calquera pode ver". Para ela foi "moi importante ter o propio traballo", manifesta.

Pola súa banda, Manuela Vázquez recoñece que "é máis fácil que te contraten que emprender, pero penso que debería haber máis mulleres emprendedoras no medio rural", di. Manuela Castedo, que traballa na casa, tamén indica que este labor "é constante, pero todos os días diferente", comenta nesta peza audiovisual que recolle a experiencia de todas elas como traballadoras.

Un documental retrata a sete mulleres de Castroverde para celebrar...
Comentarios