Detido un falso revisor do gas por estafa e furto nunha casa do Corgo

Imagen de archivo de la Guardia Civil. EUROPA PRESS
photo_camera Imagen de archivo de la Guardia Civil. EUROPA PRESS

A Garda Civil detivo un veciño de Becerreá como suposto autor dun delito de estafa e outro de furto nunha vivenda do Corgo á que accedeu facéndose pasar por revisor do gas. O acusado entrou nela co pretexto de inspeccionar a instalación e comunicoulle á vítima que levaba seis anos sen realizarse, cando a última foi feita no 2020. 

O imputado non só cobrou a revisión fraudulenta, polo que se lle acusa de estafa, senón que tamén se apropiou do diñeiro en efectivo do interior dun moedeiro gardado no interior dun armario da cociña. A persoa investigada pasou a disposición xudicial. 

Os roubos por supostas revisións do gas ou da luz ocorren con relativa frecuencia na provincia, polo que a Garda Civil aconsella que non se abra a porta a ningún inspector que non se solicitou previamente a través da compañía subministradora. Tamén se recomenda que se pida a identificación do técnico co carné de empresa.