domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

A Deputación e o Concello de Castroverde asinan o convenio específico para a apertura da residencia

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca (esquerda), e o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias (dereita), este martes durante a firma do convenio específico para a apertura da residencia de Castroverde. DEPUTACIÓN DE LUGO
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca (esquerda), e o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias (dereita), este martes durante a firma do convenio específico para a apertura da residencia de Castroverde. DEPUTACIÓN DE LUGO

O Presidente e o Alcalde formalizaron este martes o último trámite interadministrativo previo á apertura do centro. Nos vindeiros días abrirase o prazo para que as persoas interesadas soliciten a súa praza

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, asinaron este martes o convenio específico para a posta en marcha do Centro de Atención a Maiores da localidade. O procedemento trátase do último trámite entre ambas institucións antes de proceder á apertura da residencia.

O mandatario provincial subliña que dende a institución “avanzamos e cumprimos co compromiso que adquirimos cando aprobamos os Orzamentos 2020 de abrir as residencias de Castroverde e Pedrafita do Cebreiro antes de que remate o ano e nese camiño estamos, sempre e cando as condicións sanitarias nolo permitan”.  “Neste ano que levamos de mandato aprobamos o convenio marco da residencia de Castroverde, tamén o Concello aprobou a ordenanza reguladora do servizo e acabamos de asinar o convenio específico”, explicou Tomé Roca.   

PRAZAS. Roca asegura que “nos vindeiros días abrirase o calendario administrativo para a solicitude de praza para que as persoas interesadas poidan presentar as súas instancias”.

Así, o Centro de Maiores de Castroverde contará con 30 prazas de residencia e 24 de centro de día, para as que os veciños e veciñas do concello terán prioridade de acceso. En segundo termo teranse en conta as solicitudes dos habitantes dos municipios limítrofes ou da comarca, e a continuación as dos residentes da provincia en xeral.

Tomé Roca afirma que Deputación se compromete a efectuar o financiamento previsto, a actuar como órgano de contratación e a impulsar un equipo técnico especializado no ámbito dos servizos sociais. p Pola súa banda, o Concello involucrarase na colaboración coa institución provincial e fará as achegas económicas previstas.

Ademais, o Presidente avanzou que nas vindeiras semana, a Deputación sacará a contratación a prestación pública deste novo servizo, e tamén está previsto aprobar o orzamento total estimado para os primeiros 4 anos de funcionamento do centro, que ascende a preto de 2,3 millóns de euros.  

A Deputación e o Concello de Castroverde asinan o convenio...
Comentarios