A corguesa Yasmina Díaz pesca unha troita de case tres quilos e 61 centímetros de longo

A moza decidiu probar sorte na súa zona, en Chamoso, logo de volver do campionato da Ponte de Outeiro con peor fortuna
Yasmina coa troita de case tres quilos. EP
photo_camera Yasmina coa troita de case tres quilos. EP

Yasmina Díaz, veciña de Chamoso (O Corgo), fíxose esta fin de semana cunha troita de récord que pesou case tres quilos e 61 centímetros, ademais de capturar unha segunda de 700 gramos e 40 centímetros de longo.

Esta rapaza, que se iniciou na pesca este ano logo de afeccionarse a través da súa parella e que recibiu como agasallo do seu pai a súa primeira cana de pescar, decidiu probar sorte na súa zona tras asistir ao torneo celebrado na Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, onde a fortuna non lle sorrira. "Segundo saquei a troita e a vin, caéronme as bágoas da emoción por ganar a loita tan dura que tivemos na auga", apuntou a moza.

Comentarios