A parroquia guntinesa de Mougán celebrou este sábado por todo o alto os 25 anos da Festa do Pemento. Con motivo desa efeméride, os organizadores presentaron un licor feito a partir deste producto que tivo moi boa acollida.
O festexo arrancou co pregón da alcaldesa de Guntín e senadora electa por Lugo o 23-X, María José Gómez. Foi a antesala dunha comida na que se xuntaron medio millar de persoas para degustar gratis uns 350 quilos de pemento que acompañaron de churrasco, chourizo e xamón asado.

Este froito volveu ser a estrela pola noite, nuha cea de confraternidade, e a celebración pechouse coa animación musical do trío D'Nika, que tamén amenizou a sesión vermú.