Castroverde celebrará do 1 ao 3 de marzo o seu concurso de tapas en cinco establecementos

A Lenda, O Camiño, O Pendello de Moisés, o Roma e a Taberna Senador participan este ano coas súas respectivas propostas
Presentación da segunda edición do concurso de tapas de Castroverde. EP
photo_camera Presentación da segunda edición do concurso de tapas de Castroverde. EP

Castroverde celebra durante a fin de semana do 1, 2 e 3 de marzo a segunda edición do seu concurso de tapas, que nesta ocasión contará coa participación de cinco establecementos hosteleiros. Deste xeito, A Lenda ofertará unha proposta baixo o nome Éche o que hai, O Camiño fará o propio con Antoxo do mar, O Pendello de Moisés concorre ao certame con As boas costumes, o Roma, con Coliseo e a Taberna Senador, con Airiños do mar.

Os clientes poderán degustar as tapas, cun prezo entre tres e catro euros, o venres en horario de 20.30 a 23.30 horas, o sábado de 13.00 a 15.30 e de 20.30 a 23.30 e o domingo, só en horario de mediodía, de 13.00 a 15.30 horas.

O Concello de Castroverde volve organizar este concurso, en colaboración coa Apehl, E Para Comer, Lugo e Estrella Galicia, pola boa acollida que recibiu a edición do pasado ano. Así mesmo, haberá premios para as tres tapas gañadoras e sorteos entre os clientes que completen a ruta e conten cos selos dos cinco participantes, que consistirán en tres vales valorados en 300, 200 e 100 euros, respectivamente.

Comentarios