O BNG de Outeiro de Rei esixe responsabilidades polo estado da auga da traída

O grupo insiste en que ao chover a auga da traída enturbiase é deixa de ser apta para o consumo humano

Xosé Ferreiro. AEP
photo_camera Xosé Ferreiro. AEP

O BNG de Outeiro de Rei denuncia que o problema da auga en Outeiro "segue sen solución" porque, segundo apuntan nunha nota de prensa, o alcalde, José Pardo Lombao, non actúa para que a empresa concesionaria solucione o problema que enturbia auga cando se producen precipitacións significativas.

A formación sinala que a localidade ten "a taxa por enganche da auga máis cara da provincia de Lugo", ao superar os 1.200 euros, polo que considera que esta é unha razón de máis para subsanar o totalmente o servizo.

O BNG sostén que este problema de abastecemento débese a que o Concello escolle as adxudicacións "a dedo". Logo pasa o que pasa, gástanse os cartos que alguén leva e os problemas seguen sen resolverse", argumentou o voceiro do BNG Xosé Ferreiro.

Nesta liña, a nota solicita que se pidan explicacións a empresa concesionaria. "Por moi amigos que sexan do Alcalde, non se pode tolerar que unha empresa lle tome o pelo a cidadanía como ocorre neste caso", manifestou no comunicado o BNG local.

"A contratación dunha empresa para este servizo por estritos criterios de competencia e prezo faise completamente imprescindible se queremos ter unha auga de calidade, cando menos coma a dos concellos da nosa contorna", conclúe a nota.

Comentarios