O BNG do Corgo presenta unha candidatura con novas incorporacións e "chea de ilusión"

A lista está liderada por Pilar Bellón, quen pon de manifesto que o seu equipo está "preparado para liderar o vindeiro goberno municipal"
Integrantes da candidatura do BNG no Corgo. EP
photo_camera Integrantes da candidatura do BNG no Corgo. EP

O BNG do Corgo presentou a candidatura coa que acudirá á cita coas urnas o vindeiro 28 de maio. Pilar Bellón, que encabeza a lista, asegurou que se trata dun equipo "de mulleres e homes cheos de ilusión e convencidos das potencialidades do concello".

O Bloque preséntase ás eleccións municipais no Corgo cunha candidatura con novas incorporacións, o que demostra, en palabras da súa alcaldable, que "cada día máis xente se suma ao BNG, xa que somos a única alternativa para poder avanzar".

Deste xeito, seguen a Bellón nos primeiros postos Pablo Abuín Cedrón, María Abuín Sanfiz, María Consuelo Vázquez Castro e Mario Outeiro Iglesias, ademais de Sonia Rodríguez Páramo, Senén Díaz Prado, Héctor Vivero Álvarez, Sandra López Álvarez, Manuel Fernández López e Jorge José Rodríguez Lozano. Pola súa parte, figuran como suplentes María Concepción Cruz Pallares, José Luís Díaz López, María do Carme Vázquez Vázquez e Manuel Villanueva Gómez.

"Estamos preparados para liderar o vindeiro goberno municipal, cun proxecto capaz de desenvolver un traballo positivo para a veciñanza", concluíu Pilar Bellón durante o acto de presentación da súa lista electoral, que reuniu no centro sociocultural da localidade a veciños e simpatizantes do BNG, ademais de facer tamén acto de presenza a deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira.

Comentarios