domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Arias non estará na executiva provincial do PSdeG: "Quen gañou, gañou"

Xosé María Arias. SEBAS SENANDE (AEP)
Xosé María Arias. SEBAS SENANDE (AEP)
O alcalde de Castroverde asegura que o seu proxecto para o partido era "diferente"

O alcalde de Castroverde, José María Arias, aclarou que el non formará parte da nova executiva provincial do PSdeG de Lugo, que quedará conformada no congreso que se celebrará este sábado -día 27 de xullo-, porque o seu rival pola Secretaría Xeral, Patricia Otero, impúxose nas primarias e el concorría a ese proceso "cun proxecto diferente".

"O que gañou, gañou", dixo Arias, quen precisou tamén que a el tócalle agora "respectar as regras do xogo e ao partido", porque "os militantes" elixiron a Patricia Otero e ao proxecto político que lles presentou.

Nese sentido, precisou que si estará "no comité provincial" e noutros "órganos do partido", pero non na executiva, porque el concorreu ás primarias "cun proxecto diferente" ao que defendeu Patricia Otero e que foi referendado polo 67% dos votos da militancia.

En todo caso, tamén deixou claro que estará "aí para arrimar o ombreiro" polo Partido Socialista, "con ela ou con quen estea" na Secretaría Xeral, como fixo "sempre".

Arias non estará na executiva provincial do PSdeG: "Quen gañou, gañou"
Comentarios