O alcalde de Friol pide á Xunta que amañe a "penosa" estrada de Palas de Rei

O rexedor acusa de "incompetencia" á empresa encargada do mantemento e considera que a vía é perigosa para o tránsito

Tramo con baches en la carretera Friol-Palas. EP
photo_camera Tramo con baches en la carretera Friol-Palas. EP

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, pide á Consellería de Infraestruturas que "na maior brevidade posible se leven a cabo os traballos necesarios para o mantemento" da estrada que une o seu municipio con Palas de Rei. Considera que o estado de conservación da vía é "lamentable" e o do firme é "penoso" e que esta situación supón un perigo para as numerosas persoas que cada día utilizan esa estrada.

José Ángel Santos indica que hai uns días a empresa adxudicataria do servizo de mantemento desta estrada realizou traballos de cobertura de fochancas "insuficientes e ridículos". Considera que "deixaron o pavimento en peor estado do que estaba e xeraron maior perigo para os usuarios".

Neste contexto, o alcalde de Friol pide á Xunta, como responsable da vía, que se ocupe do seu mantemento o antes posible e que axilice ao máximo os traballos técnicos e administrativos previos á ampliación da mesma, que está prevista e que inclúe unha mellora do trazado.

Entende que é «bochornoso» que os veciños de Friol e Palas teñan que transitar por unha estrada nestas condicións. Insiste en que é unha das vías principais do seu municipio e a conexión natural entre a autovía A-6 e a futura autovía entre Lugo e Santiago.

Comentarios