viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Acruga retoma a súa actividade coa celebración da feira gandeira de Adai

O alcalde de O Corgo, Felipe Labrada, e o presidente de Acruga, César Dorado, na presentación da feira. M.D.L.T.
O alcalde de O Corgo, Felipe Labrada, e o presidente de Acruga, César Dorado, na presentación da feira. M.D.L.T.
O evento, este sábado, inclúe a subasta, o concurso e a exposición de raza rubia galega

A Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga) retoma a súa actividade despois de meses de parón debido ao Covid-19 coa celebración do concurso, a subasta e a exposición de gando en Adai, no concello de O Corgo, o vindeiro sábado 1 de agosto. Así o anunciaron nunha rolda de prensa celebrada onte na capital lucense o alcalde de O Corgo, Felipe Labrada, e o presidente de Acruga, César Dorado.

Na comparecencia falaron das principais novidades que se producirán fronte a edicións pasadas, que serán aquelas relacionadas coas medidas de seguridade impostas coa nova normalidade. A xente que acuda á feira deberá facelo con mascarilla e mantendo en todo momento a distancia de seguridade.

Esta edición contará con 87 cabezas de gando de raza rubia galega, que participarán na 93ª edición da subasta nacional, no 33º concurso, tamén de carácter nacional, e na exposición de exemplares de rubia.

Felipe Labrada resaltou o compromiso de O Corgo co sector primario e preveu que "se venderán todos os animais presentados á poxa, aínda que o sector primario está en crise polo descenso das ventas e a redución dos prezos da carne". Pola súa parte, César Dorado cre que "aínda que asistirá menos xente", a feira non se resentirá demasiado porque "Adai é un valor seguro para a venda de animais e, ademais, é a primeira poxa que se fai no que vai de ano".

No concurso nacional, que contará con sete seccións e no que se premiará aos tres primeiros clasificados de cada categoría, participarán un total de 50 animais: 41 femias e nove machos, mentres que a exposición estará composta por 11 femias do centro de recría da Granxa Gayoso Castro.

A entrada dos animais no recinto gandeiro de Adai producirase o día 30 para os exemplares que formen parte da subasta, mentres que os participantes do concurso chegarán o 31 pola mañá para ser calificados polos xuíces. Na feira de Acruga colaboran o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, a Consellería de Medio Rural da Xunta, a Deputación de Lugo e o Concello de O Corgo.

A poxa incluirá un total de 26 animais
A subasta comezará ás 12.00 da mañá e nela sacaranse á venda 26 animais: cinco machos, sendo un deles de Acruga, e 21 femias, das cales sete son de ganderías privadas e, o resto, do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación. Os prezos dos exemplares varían segundo a explotación á que pertencen. Así, tanto o macho de Acruga como as femias da Granxa Gayoso Castro terán un prezo de saída de 1.900 euros.
Axudas económicas
As persoas que decidan adqurir algún dos exemplares subastados poderán recibir axudas da Caixa Rural Galega. En concreto, as subvencións serán de 300 euros por cada macho e 200 euros por cada femia.
Participantes
Na feira participarán 17 explotacións gandeiras, das cales máis dunha decena son lucenses, aínda que tamén haberá unha pontevedresa e outra coruñesa.

 

Acruga retoma a súa actividade coa celebración da feira gandeira de...
Comentarios