A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega a Outeiro de Rei este venres

O fin desta iniciativa é explicar o funcionamento da apliación colaborativa Galicia Nomeada así como a orixe e o significado dos topónimos deste municipio lucense
Vicente Feijóo. CEDIDA
photo_camera Vicente Feijóo. CEDIDA

Outeiro de Rei acollerá este venres unha nova sesión de Toponízate. Falámosche dos nomes da túa terra, unha campaña que ten como fin explicar o funcionamento da aplicación colaborativa Galicia Nomeada así como a orixe e o significado dos topónimos deste municipio lucense. 

A iniciativa conta coa participación de Vicente Feijóo como coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG e Gonzalo Navaza como membro do seminario de Onomástica, que concederán unha charla ás 19.00 horas na Casa da Cultura na que explicarán o funcionamento da aplicación Galicia Nomeada e darán nocións sobre como engadir á plataforma microtopónimos e nomes tradicionais. 

Esta está tendo un gran éxito e conta xa con 2.200 usuarios que compartiron a redor de 31.000 nomes de lugares que seguro seguirán aumentando nas vindeiras semanasn posto que o programa ten previsto ofrecer charlas en oito concellos máis. Ademais, desta volta, tamén contará cunha programación en liña. 

Comentarios