O goberno xaponés pásase a Linux

O goberno do Xapón anunciou que instalará Linux nos seus equipos coa finalidade de reducir a dependencia dun só proveedor de software. Segundo se informa na páxina web Linuxworld, con este xesto, o goberno nipón converte o código aberto nunha prioridade á hora de mercar novos computadores. Farao a través dun plano gubernamental de investimento tecnolóxico que se comezará a desenvolver en xullo.

A raíz deste anuncio, as empresas de tecnoloxía IBM, Oracle, Dell, Nec, Hitachi e Hewlett Packard, uníronse para desenvolver computadores e servidores baseados en código aberto e venderllos ao mercado xaponés.

Comentarios