Vilalba 2017

Un premio gravado para sempre na historia local

Se en 1976 tocaron en Santaballa 1.140 millóns de pesetas, o Gordo deixou ese Nadal na capital chairega 520 millóns de euros. Collan as calculadoras, ao cambio saen 86.520.720.000 da antigas pesetas
Celebración no bar Cascudo. AEP
photo_camera Celebración no bar Cascudo. AEP

Por que?
O venres 22 de decembro de 2017 Thiago Darío e Santa Daniela de León sacaron o primeiro premio e Youseff Salhi e Noelia Katiuska cantaron o Gordo. Eran as 11.45 horas e coa voz dos nenos de San Ildefonso desatouse a euforia en Vilalba, onde se repartiron 520 millóns de euros entre a administración Alcázar e o bar Cascudo, en Alba. 
Protagonista
O número 71.198 será para sempre un número con historia en Vilalba, onde se venderon 130 series das 170 emitidas. O resto repartíronse entre Madrid, Málaga, Jaca (Huesca), Baeza (Jaén), Sort (Lleida), Santander, Cádiz, San Bartolomé (Las Palmas), San Pedro del Pinatar (Murcia), Granadilla de Abona (Santa Cruz de Tenerife) e Benetússer (Valencia). Cada serie tiña 4.000.000 millóns de euros de premio, cada décimo, 400.000 euros, 320.500 sen impostos. 
Un chisco de historia 
O décimo premiado levaba ese ano unha imaxe da Adoración de los pastores, un óleo realizado por Bartolomé Esteban Murillo en 1650 e que se expón no Museo Nacional do Prado de Madrid. 

HAI DÍAS que fan historia. E o 22 de decembro de 2018 foi deses que se gravan na memoria para sempre. 520 millóns de euros non son fáciles de olvidar. E as páxinas de El Progreso e do suplemento A Chaira enchéronse de euforia, de brindis, de sorrisos e de historias, dos que gañaron e dos que estiveron a punto de comprar un número que quedará tatuado para sempre na memoria colectiva, o 71.198. Foi das mellores noticias que se poden contar. 
«Es un día que seguimos recordando con mucha alegría, es un día que no se olvida, muy emotivo. Es para recordarlo siempre, el Gordo de Navidad es un premio muy compartido y de mucha alegría», rememora María del Carmen Fernández, unha das empregadas da administración Alcázar, que despachou 80 series do número premiado: 320 millóns de euros! 

O resto repartiunos o bar Cascudo na parroquia de Alba: 50 series, 200 millóns! "Daquel día recordo moito estrés, moita xente, moita felicidade, estar nunha nube, pero estabamos agobiados porque tiñamos unha comida ao día seguinte e creo que non eramos conscientes do que pasaba e que non o desfrutamos de todo", di David Eimil.
O premio situou Vilalba como sinónimo e imán de sorte. As vendas disparáronse en Reis e ao Nadal seguinte. Os décimos voaban no Cascudo, que veu incrementada a súa clientela —"todo axuda e a lotería arrastrou xente", di David— e no Alcázar as colas multiplicábanse. "Tuvimos muchísima gente y continuamos teniéndola, porque además del Gordo vendimos otros premios importantes", destaca María del Carmen, ao tempo que indica que nin se olvida o día nin o número. 

"Lo tenemos completo ahora como abonado, para los sábados y los jueves y tiene muchos seguidores fieles", asegura unha vendedora de lotería que pode presumir de repartir o Gordo dúas veces. Ao ano, a sorte volveu a Vilalba co número 03.347. Pero dos 1.300 décimos premiados pasouse a un. 

"Casi sabía a poco después de 130 series el año anterior, pero también fue un día de alegría. No se vende siempre un Gordo y hay muchas administraciones que non han vendido ni uno", di. 

E se o de 2017 non foi o último, tampouco foi o primeiro Gordo en Vilalba. Moito antes de que se estrease A Chaira en 2006, a sorte xa lle sorrira á parroquia de Santaballa, onde en 1976 tocaron 1.140 millóns de pesetas "moi repartidos". Saquen calculadoras: ao cambio saen algo menos de sete millóns de euros, moi lonxe dos 520. Pero foi 40 anos atrás e daquela falar de millóns de pesetas era falar de moitos cartos. 

Outro día para a historia que empezou, como recorda o cura da parroquia, Antonio Domínguez, vendendo participacións co obxectivo de amañar o campo de fútbol. Necesitaban 300.000 pesetas; conseguiron tres millóns. E a moita xente cambioulle a vida. 

"Ahora ya está la cosa más calmada, pero de vez en cuando sigue viniendo gente a contarnos que fueron afortunados y es muy bonito", din na administración. E aínda que non se viron grandes excesos neses días, a vida fíxose algo máis fácil para moitos. "Hay varios casos de familias que llevaron varios décimos para compartir y hay mucha gente que se pudo deshacer de la hipoteca", di. 

"A xente está máis contenta, non toleou pero están máis felices e tranquilos", engade David, que non quere ser avaricioso, pero recoñece que non lle importaría volver repartir sorte: "Por pedir que non sexa". 

E en 2017 tamén pasou...

Abadín 
▷ Varios choques e os constantes cortes por néboa seguen sendo noticia sobre a perigosidade da A-8. 

Begonte 
▷ O Ceip Virxe do Corpiño recibe un premio de Educación polo proxecto multidisciplinar Faiuco é astronauta

Castro de Rei 
▷ Duancos homenaxea ao I Marqués de Atalaya Bermeja, Domingo López Carvajal, para moitos descoñecido pese a chegar a ser o terceiro home máis rico de España, e Hugo Ansedes fixo famoso o concello disfrazado de Bryan Adams. 

Cospeito
▷ Un incendio destrúe o interior do Pazo de Pumares e a carballeira de Muimenta, a carón da vella igrexa, entra no Catálogo de Árbores Senlleiras. 

Guitiriz
▷ Xermolos recibe o Premio Ramón Piñeiro Facer País nun ano de protestas coa folga dos traballadores de Balneario, dos despedimentos do GES, da ameaza de peche de Abanca en Parga ou para evitar o traslado do párroco José Ramón Pérez.

Muras 
▷ A Feira do Poldro e Gando do Monte cumpre 30 anos e revitalízase para conseguir ser Festa de Interese Turístico.

A Pastoriza 
▷ As escavacións no castro de Saa continúan levantando o pasado e descobren parte da muralla e unha rede de canalización de auga. 

Xermade 
▷ Presentan o primeiro libro ‘Xermade na Historia’ cos traballos premiados nas dúas primeiras edicións do premio que leva o mesmo nome. O certame acaba de convocar estes días a súa sexta edición.  

Meira 
▷ Colectivos únense para homenaxear a Xosé Salgado e preto de 200 persoas acoden á homenaxe. Pasou a dar nome ao premio do público dun certame  de curtas e iniciouse unha recollida de firmas para dar nome á biblioteca. 

Pol 
▷ Localizan un campamento militar romano de case 14 hectáreas, sendo o de maior tamaño atopado ata a data en Galicia. Albergou entre 6.600 e 8.600 soldados, unha lexión completa con tropas auxiliares. 

Ribeira de Piquín 
▷ O Concello impulsa o turismo activo coa federación de tres ruta de senderismo: a Río Eo-Pena de Millares, a de Pena dos Portelos e a do Muíño de García. 

As Pontes 
▷ Estrea da Senda da Memoria, un percorrido de nove quilómetros por parte do perímetro lago, que suma en total 17,8 quilómetros.

Más en A Chaira 13 Aniversario
Comentarios