O Viveiro e o CP Lucense pecharon a liga alevín no podio

En canto ás categorías cadete e infantil, esta fin de semana disputaron os primeiros encontros da Copa Federación
Unha imaxe de arquivo do Viveiro. Foto: Fernando Lugilde
photo_camera Unha imaxe de arquivo do Viveiro. Foto: Fernando Lugilde

Feminina
 

Cadete Copa Federación

O cadete feminino do Millaven CP Lucense iniciou a Copa Federación rendendo visita ao BM Culleredo, que esta tempada competiu en Liga Oro e que quedou fóra da Final Four na eliminatoria final.

As lucenses saíron moi centradas ao partido e durante o primeiros trinta minutos as vantaxes foron mínimas para ambos os equipos, así ao descanso o marcador sinalaba un 12-12. Pero o maior acerto das locais unido a dúas exclusións consecutivas serviu para que se fosen distanciando no marcador ata levalo ao definitivo 25-18.

Consulta a clasificación aquí

CULLEREDO 25 - 18 CP LUCENSE

CP Lucense: Ana e Laura; María (5), Ángela Mera, Iria (6), Julia (1), Eyram (4), Elia, Andrea, Aya, Nuria, Ángela Gavela (2), Coral e Alessandra.

 

Resultado partido adiantado xornada 3

Culleredo 25 18 CP Lucense

Xornada 1

Culleredo - - Brigantium
CP Lucense - - Xiria A

 

Masculina

Cadete Copa Federación

Arrincou a Copa Federación tamén para o cadete masculino do Millaven CP Lucense, e fíxoo nunha pista complicada, a do Xiria. Un equipo que ocupou postos altos en Liga Oro e que cedeu a súa praza na Final Four ante o Culleredo na eliminatoria previa.

Os lucenses sabían do complicado do envite e trataron de pelexar e agarrarse ao partido desde o principio, chegando ao descanso cun resultado de 21-17. Porén, o maior número de rotacións e tres exclusións sufridas polo Millaven fixeron inútiles os esforzos de achegarse no marcador, que finalmente reflectiu un 47-36.

Consulta a clasificación aquí

XIRIA 47 - 36 CP LUCENSE

CP Lucense: Martín; Lucas (15), Miguel (1), Álvaro, Adri (3), Rodrigo (4), Víctor (2), Brayan (1), André (1), Gabri (7) e Amir (2).
Cancha: Vila de Noia.

 

Resultado partido adiantado xornada 3

Xiria 47 36 CP Lucense

Xornada 1

CP Lucense - - Abegondo
Xiria - - Culleredo Riazor

 

Infantil Copa Federación - Grupo 2 Norte

Dúas versións totalmente distintas foron as que ofreceu o equipo Infantil Masculino do Millaven CP Lucense no arranque de Cópaa Federación na súa visita ao Xiria B.

Unha primeira metade de bo xogo en equipo coa que se mostraron superiores ao seu rival tal e como demostraba o marcador ao descanso 13-18.

A segunda metade foi de desconcerto e pouca asociación que deu lugar a un marcador de 18-8, o que souberon aproveitar á perfección os locais para quedar cos puntos en xogo.

Consulta a clasificación aquí

XIRIA B 31 - 26 CP LUCENSE

CP Lucense: Martín; Óscar, Héctor (3), Rodrigo, Ian, Petri (7), Víctor, Brayan (6), Martín Prados (2) e André (8).
Cancha: Vila de Noia.

 

Resultados xornada 1

Arteixo 33 31 Atlántico
Xiria B 31 26 CP Lucense

Próxima xornada

CP Lucense - - Atlántico
Xiria B - - Arteixo

 

 

Infantil Copa Federación - Grupo 4 Norte

En canto ao Viveiro, tamén se estreou na Copa Federación. Os da Mariña xogaron coma visitantes contra o Liceo la Paz un encontro moi competido.

Os locais tomaron as primeiras vantaxes, pero o cadro lucense apertáballes en todo momento. Malia a igualdade o Beiramar non foi quen de poñerse por diante e acabou perdendo 16-13.

Consulta a clasificación aquí

LICEO LA PAZ 16 - 13 VIVEIRO

BM Hostelería Beiramar Viveiro: Maxim, Iván (1), David G, Sheila, Pablo Díaz (1), Borja, Pablo M, Antón, Xoel (8), Raúl (1) e Martín (2).
Cancha: Liceo la Paz.

 

Resultados xornada 1

Culleredo Gallaecia 38 28 Xiria C
Liceo la Paz 16 13 Viveiro

Próxima xornada

Liceo la Paz - - Xiria C
Viveiro - - Culleredo Gallaecia

 

 

Alevín Mixto 5 - Grupo B

Na categoría alevín mixta celebrouse a última xornada da liga regular na Casqueira. O Viveiro rematou no segundo posto despois de superar ao Narón por 04-12. Tamén se levou unha vitoria o CP Lucense, que superou ao Concello de Cariño, despois de que o primeiro cuarto finalizara en empate e os lucenses conseguiran abrir a fenda. Con isto, o quedaron no terceiro posto, co que tanto o Viveiro e o CP Lucense xogaran a fase autonómica.

Consulta a clasificación aquí

CARIÑO 05 - 11 CP LUCENSE

CP Lucense: Rayan, Breixo, Sergio, Andrés, Lina, Leo, Lola, Carlota e Lucas.
Cancha: A Casqueira.

NARÓN 4 - 12 VIVEIRO 

BM Hostelería Beiramar Viveiro: Blanca, Mencía, Elmer, Gael, Antón Rego, Lucas Moreira e Félix.
Cancha: Liceo la Paz.

 

Resultados xornada 14

Tirso de Molina 9 7 Eumesa
Cariño 5 11 CP Lucense
Narón 4 12 Viveiro

 

Prebenxamín Mixto - Liga Norte

Na categoría prebenxamín a vindeira fin de semana pecharase a liga regular. O Viveiro terá que enfrontarse contra dous dos equipos do Culleredo. Polo momento, o equipo da Mariña ocupa o sétimo posto da clasificación.

Consulta a clasificación aquí

Próximas xornadas

Abegondo - - Xiria
Viveiro - - Culleredo Rafergal
Liceo la Paz - - Culleredo Baia
Culleredo Enerxiasolar - - OAR Coruña
Culleredo Rafergal - - Abegondo
Culleredo Baia - - Viveiro
OAR Coruña - - Liceo la Paz
Xiria - - Culleredo Enerxiasolar