O CP Lucense caeu ante o Teucro na primeira xornada da nova fase feminina

Na masculina, os equipos infantís do Viveiro e o CP Lucense pecharon a segunda fase con derrotas

Feminina

Cadete Liga Prata - Segunda Fase Grupo 2

Na Liga prata feminina, as cadetes do CP Lucense comezaron a segunda fase da competición na casa e con derrota. As de Lugo foron superadas polo Teucro nun partido que comezou moi igualado. O cadro local conseguiu irse ao descanso con vantaxe de un gol.

Unha diferenza que non foi suficiente para a segunda metade, pois as visitantes mostraron máis acerto en ambas áreas e acabaron remontando o partido chegando a aumentar a diferenza a oito goles (23-31)

Consulta a clasificación aquí

CP LUCENSE 23 - 31 TEUCRO

CP Lucense: Ana; María (4), Iria (9), Sara (3), Julia (3), Eyram (4), Elia, Andrea, Aya, Nuria, Ángela Gavela e Alessandra..
Cancha: Casa do Deporte.
 

Resultados xornada 2

CP Lucense 23 31 Teucro
  D Lalín

Próxima xornada

Lalín - - CP Lucense
  D Teucro
 
 

Masculina

Cadete Liga Prata - Segunda Fase Grupo 1

Na cadete masculina non houbo xornada e ao CP Lucense só lle queda un partido para rematar a fase. Os da capital da provincia ocupan o terceiro posto e enfrontaranse ao Teucro a domicilio na derradeira quenda.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Culleredo Riazor - - Rasoeiro
Reconquista de Vigo - - Porriño
Teucro - - CP Lucense

 

 
 

 

Infantil Liga Prata - Segunda Fase Grupo 2

No caso da infantil, o CP Lucense xa non tiña nada en xogo e pechou a segunda fase cunha derrota na casa ante o Atlántico. O primeiro tempo comezou moi igualado e só un empuxe final dos visitantes axudoulles a marchar cunha vantaxe de 4 goles (10-14).

Os lucenses axustáronse despois do descanso e mostraron o seu mellor lado sen medo á maior dimensión dos coruñeses, algo que lles serviu para pechar os segundos 25 minutos cun parcial de 17-18, para deixar o marcador final en 27-32.

Consulta a clasificación aquí

CP LUCENSE 27 - 32 ATLÁNTICO

CP Lucense: Martín; David (1), André (8), Ian, Rodrigo, Brayan (5), Martín Prados, Adrián (1), Héctor (4), Petri (6), Víctor (1), Andrés, Óscar, Nuno (1) e Breixo.
Cancha: Casa do Deporte.

 

Resultados xornada 5

Tui 37 21 Lavadores
CP Lucense 27 32 Atlántico


 

 

Infantil Liga Prata - Segunda Fase Grupo 5

No grupo 5 o Viveiro tamén pechou a fase con derrota. Os da Mariña enfrontáronse a domicilio contra o Culleredo e acabaron perdendo por 39-11. Dende o inicio os locais amosaron a súa superioridade e colleron unha ampla vantaxe no marcador.

Consulta a clasificación aquí

CULLEREDO 39 - 11 VIVEIRO

CB Hostelería Beiramar Viveiro: Maxim e Fiz, Iván, Rubén, David G., Sheila, Borja (1), Pablo M., Martín (3), Pablo Díaz, Xoel (7) e Raúl.
Cancha: Municipal de Almeiras.

 

Resultados xornada 5
Lalín 23 29 Cañiza
Culleredo Gallaecia 39 11 Viveiro

 

Alevín Mixto 5 - Grupo B

Na categoría alevín os dous equipos de Lugo volverán á pista a semana que ven, posto que esta non houbo competición. A quenda número trece disputarase en Viveiro, ao CP Lucense tocaralle enfrontarse contra o Tirso de Molina, mentres que o Viveiro xogará contra o Cariño coma local. Os da mariña ocupan o segundo lugar da clasificación, seguidos do cadro da capital, que é terceiro.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

CP Lucense - - Tirso de Molina
Viveiro - - Cariño
Pontedeume - - Narón

 

Benxamín Mixto - Grupo B

En canto á benxamín, tamén xogará a vindeira fin de semana en Viveiro. O Hostelería Beiramar, que lidera a clasificación, será visitante ante o Tirso de Molina.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Tirso de Molina - - Viveiro
Cariño - - Pontedeume

 

Prebenxamín Mixto - Liga Norte

Na prebenxamín o Viveiro volveu ao parqué coa celebración das xornadas número 11 e 12. Os do Beiramar disputaron o primeiro encontro contra o Xiria e perderon cun marcador de 11-05. O segundo encontro foi contra o Abegondo, que rematou cun empate de 8-8.

Consulta a clasificación aquí

XIRIA 11 - 05 VIVEIRO

CB Hostelería Beiramar Viveiro: Manuel, Pablo, Xoel, Xián e Antonio.
Cancha: San Marcos de Abegondo.

ABEGONDO 08 - 08 VIVEIRO

CB Hostelería Beiramar Viveiro: Manuel, Pablo, Xoel, Xián e Antonio.
Cancha: San Marcos de Abegondo.

 

Resultados xornadas 11 e 12

Xiria 11 5 Viveiro
Liceo la Paz 10 6 Abegondo
Culleredo Enerxiasolar A Culleredo Rafergal
OAR Coruña ND Culleredo Baia
Abegondo 8 8 Viveiro
Culleredo Rafergal ND Liceo la Paz
Culleredo Baia A Culleredo Enerxiasolar
OAR Coruña 4 12 Xiria

 

Próximas xornadas

Abegondo - - Xiria
Viveiro - - Culleredo
Liceo la Paz - - Culleredo Baia
Culleredo Enerxiasolar - - OAR Coruña
Culleredo Rafergal - - Abegondo
Culleredo Baia - - Viveiro
OAR Coruña - - Liceo la Paz
Xiria - - Culleredo Enerxiasolar