Os alevíns e benxamíns do Viveiro colleitan dúas vitorias e unha derrota cada un

Os dous equipos infantís do CP Lucense pechan unha xornada máis cunha vitoria abrumadora
alevin-viveiro-balonman
photo_camera alevin-viveiro-balonman

Consulta as clasificacións neste enlace

Xuvenil

O cadro xuvenil do Balonmán Apartamentos Turisviveiro volvía saír derrotado na casa. Nesta ocasión era diante dun AD Carballal vigués que se amosou moi superior aos da Mariña e se levou o triunfo con autoridade por 18-38.

Os de Adrián Freiría notaron moita algunha ausencia importante na primeira liña e no centro da defensa e os visitantes aproveitaron esa circunstancia para castigar aos viveireses con lanzamentos desde a zona central. Ao descanso xa se impoñían os olívicos por unha cómoda.

O equipo feminino fíxose esta fin de semana na casa co vitoria ante o Moaña aínda que segue na parte baixa da clasificación. Supera con este triunfo dúas derrotas consecutivas.

VIVEIRO 18 - 38 CARBALLAL

Apartamentos Turisviveiro: Manu; Eneko (4), Brais, Pablo Gallego, Bryan, Martín (1), Edgar (3), Mael (1), Pablo Piñón (4), Gabriel Mariño (5) e Héctor.

CP LUCENSE 18 - 15 MOAÑA

Millaven Cento Jardin CP Lucense​: Ada, Carlota R, Sabela, Uxía, Iria R, Carla (2), Sheila, Jennifer, Iria María (3), Nahomy (6), Adriana (1), Ainhoa (2), Anne (3), Carlota V (1) e Mara.

 

Cadete

O CP Lucense empatou na casa co lídere, o Atlántico, a 29 polo que queda sen opcións de facerse co posto de ouro do grupo. Ocupan os lugueses a segunda posición aínda que esta está pendente de tres equipos cando falta unha xornada para o remate.

CP LUCENSE 29 - 29 ATLÁNTICO

CP Lucense​: Pablo, Lucas, Roi, Martín, Adrián M, Enol, Adrián F, Rodrigo, Samuel, Alejandro, Iván, Gabriel e Amir.

 

Infantil

O CP Lucense segue na loita polos play off como líder invicto tras cinco xornadas. Nesta ocasión pasou por riba ao Moaña, que está terceiro, por máis de 20 puntos.

Tamén foron incuestionables elas, que se varreron ao Liceo La Paz da pista co 33-9 co que finalizaron a sesión. Seguen no máis alto empatadas co Atlántico pero elas coa vantaxe dos goles.

MOAÑA 18 - 39 CP LUCENSE

CP Lucense​: Daniel (2), Lucas (15), Martín A (3, Adrián, Santiago, David (3), Víctor, Brayan, Alejandro, Iván (13) e André (3).

CP LUCENSE 33 - 9 LICEO LA PAZ

Millaven Cento Jardin CP Lucense​: Non dispoñible.

 

Alevín

O conxunto alevín trouxo para Viveiro de Arteixo dous triunfos e unha derrota. As vitorias chegaron diante do Arteixo Maruxía Asesores (12-4) e o Tirso de Molina ferrolán (10-6), mentres que a derrota sufrírona contra o Arteixo Restaurante Abuín por un 12-4.

VIVEIRO 12 - 4 ARTEIXO MARUXÍA

ARTEIXO ABUÍN 12 - 4 VIVEIRO

TIRSO DE MOLINA 6 - 10 VIVEIRO

Balonmán Hostelería Beiramar Viveiro​: Blanca, Sara, Andrea, Martín, Pablo, Lucas, Zaira, David e Sergio.

 

Benxamín

O conxunto benxamín mixto do Balonmán Hostelería Beiramar Viveiro disputou o pasado sábado en Arteixo a 13ª xornada de liga do Grupo Único ABC Norte. Os benxamíns colleitaron dúas vitorias e unha derrota. No primeiro impuxéronse por 10-6 ao Óptica Auris Xiria de Carballo e tamén venceron o terceiro e último diante do Arteixo femenino, por un resultado final de 4-12. Mentres, no segundo caeron contra os carballeses do Maquisaba Xiria B. 

VIVEIRO 10 - 6 ÓPTICA XIRIA

MARQUISABA XIRIA B 12 - 4 VIVEIRO

ARTEIXO 4 - 12 VIVEIRO

Balonmán Hostelería Beiramar Viveiro​: Pablo, Enzo, Mateo, Gael, Aimar, Álvaro, Rubén, Lucas, Antón e Félix.