Dobrete de vitorias no CP Lucense infantil e do Viveiro benxamín

Os xuvenís masculino e feminino e os alevíns da Mariña foron derrotados mentres os cadetes aprazaron o seu duelo

Xuvenil

Finalmente, o equipo xuvenil do Apartamentos Turisviveiro comezou a fase polo título da Liga Prata cunha estreita derrota na pista do BM Culleredo Óptica Gallaecia (26-24).
Os viveireses completaron un moi bo primeiro tempo, pero no segundo non foron quen de manter a renda de tres goles (13-10) coa que se foran ao intervalo.

Tras dous partidos con vitoria, o CP Lucense caeu ante o Pabellón e descende unha posición na táboa xeral, ocupando a oitava praza.

 CULLEREO 26 - 24 VIVEIRO

Apartamentos Turisviveiro: Manu; Bryan, Brais (4), Martín, Pablo Gallego, Jose Juan (3), Eneko (2), Mael (3), Edgar (5), Pablo Piñón (1), Gabriel (6) e Héctor.

PABELLÓN 35 - 30 CP LUCENSE

Millaven Cento Jardin CP Lucense​: Carlota R (3), Sabela, Iria R (3), Carla (3), Nahomy (8), Jennifer, Iria María (7), Adriana (4), Carlota V (1), Mara e Uxía (1).

Cadete

O CP Lucense aprazou o seu partido da fin de semana contra o Culleredo Riazor para a próxima e mantén a segunda praza da táboa, empatado a puntos co terceiro.

Infantil

O CP Lucense continúa esta segunda fase na loita polos play off como líder coa terceira vitoria seguida esta fin de semana ante o colexio de Los Sauces. Foron moi superiores os de Lugo.

Elas tamén están líderes de grupo cunha nova vitoria nesta ocasión ante o colista, o Xallas.

LOS SAUCES 21 - 30 CP LUCENSE 

CP Lucense​: Daniel, Lucas (11), Álvaro, Martín A (1), Adrián (7), David (1), Santiago, Víctor, Brayan (2), Alejandro, Iván (6) e André (2).

XALLAS 20 - 29 CP LUCENSE 

CP Lucense​: Sara (13), María (2), Ángel M (10), Ángela G, Elia, Ana Karen, Aya (3), Khady, Alessandra (1) e Andrea.

 

Alevín

Descanso para o CP Lucense no penúltimo partido da primeira fase. O equipo cae dúas posicións na táboa e ponse noveno. 

Pola súa banda, os alevíns disputaron o primeiro e único encontro, contra o Colegio Liceo La Paz Verde, cunha derrota por 12 - 4. Están oitavos na clasificación.

LICEO LA PAZ 12 - 4 VIVEIRO 

Benxamín

Os benxamíns do Balonmán Hostelería Beiramar Viveiro conseguiron dúas vitorias na 11ª xornada da Liga Regular Grupo Único ABC Norte, que se celebrou no pavillón de Almeiras (Culleredo).

No primeiro encontro contra o BM Culleredo Dentalara Fonteculler venceron por 7-9, mentres que no segundo, diante do Culleredo BM Portofaro - Mármoles Rajú, fixérono por un resultado final de 6-10.

CULLEREDO DENTALARA 7 - 9 VIVEIRO 

CULLEREDO PORTOFARO 6 - 10 VIVEIRO