O Viveiro xuvenil clasifícase matematicamente para loitar polo título da Liga Prata

Vitorias do CP lucense en cadete e infantil feminino e masculino

Xuvenil

O conxunto xuvenil do Balonmán Apartamentos Turisviveiro certificou este domingo a súa clasificación matemática para loitar polo título da Liga Prata, que van xogar os dous primeiros clasificados dos tres grupos, e entrar na final a catro galega cos mellores equipos da máxima categoría. Ademais, os viveireses lograron ser o primeiro equipo que puntúa diante do Balonmán Culleredo Óptica Gallaecia, co que empataron a domicilio: 26-26.

Os da Mariña arañaron este punto a pesar de que se presentaron con tan só 8 xogadores á cita en Culleredo. Non obstante, os de Adrián Freiría foron quen de irse ao descanso con cinco goles de renda (10-15) e no segundo tempo acusaron o desgaste físico pero puideron aguantar o punto que lles serve para asegurar a segunda praza. 

Pola contra, nova derrota das xuvenís, a cuarta consecutiva, que caeron na casa co Meaño malia comezar por riba e dominar no intermedio do xogo.

CULLEREDO 26 - 26 VIVEIRO

Balonmán Apartamentos Turisviveiro​: Manu; Bryan, Mael (3), Pablo Piñón (8), Jose Juan (3), Edgar (3), Eneko (5) e Gabri Mariño (3).

CP LUCENSE 29 - 37 MEAÑO

Millaven Cento Jardin CP Lucense​: Carlota R (3), Sabela, Iria R, Carla, Nahomy (7), Sheila, Jennifer, Eyram (8), Iria María (10), Adriana (1), Laura, Anne, Carlota V, Mara e Uxía.

 

Cadete

Cuarta vitoria consecutiva para os cadetes que colideran a clasificación xunto ao Atlático, os dous con 8 vitorias e dúas derrotas. A posición de privilexio do equipo lugués déixoo case listo para situarse na segunda fase na loita polo título.

CP LUCENSE 37 - 25 RIBADOSAR

CP Lucense​: Pablo (12), Lucas (3), Roi (1), Martín, Adrián M (4), Enol, Adrián F (2), Rodrigo, Samuel (2), Alejandro, Iván (5), Gabriel (3) e Amir (5).

 

Infantil

Os e as infantís seguen dominando os grupos de prata do balonmán. Elas foron de novo incuestionables e venceron 10-22.

Eles foron tamén inflexibles e seguen amosando que están aí para quedarse no liderado. Seguen colleitando puntos, teñen a totalidade dos posibles e non dan tregua.

LICEO LA PAZ 12 - 28 CP LUCENSE

CP Lucense​: Daniel, Lucas (9), Álvaro, Víctor (3), Martín A (4), Adrián (9), David (1), Brayan (1), Alejandro e André (1).

XIRIA 10 - 22 CP LUCENSE

Millaven Cento Jardin CP Lucense​: ​: María (3), Ángela M (8), Sara (6), Alessandra (5), Ángela G (1), Elia (1), Ana, Aya (2), Laura, Khady e Andrea (1).

 

Alevín

Nova derrota do CP Lucense, que se mantén sétimo na xeral e que acumula 3 vitorias e 7 derrotas no que vai de curso.

O sábado pola mañá o Viveiro alevín mixto disputaron no Pavillón do CPR Liceo La Paz en A Coruña a 9° xornada correspondente a Liga Regular Grupo Único ABC Norte.  Disputaron o primeiro encontro contra o Colegio Liceo La Paz Blanco, cunha derrota por 4-12 e o segundo encontro o disputaron contra o BM Ribadosar.es cun resultado final de 9 - 7 a favor dos locais.

CP LUCENSE 6 - 10 XIRIA FEM B

CP Lucense​: Joudya, Óscar, Mohamed, Nuno, Natalia, Martín, Rodrigo, Ian, Breixo, Víctor e Andrés.

VIVEIRO 4 - 12 LICEO LA PAZ
RIBADOSAR 9 - 7 VIVEIRO

Balonmán Apartamentos Turisviveiro​: Sara, Andrea, Martín, Pablo M, Fiz, Pablo D, Lucas, Zaira e David.

 

Benxamín

Os benxamíns disputaron esta fin de semana tamén dous partidos. O primeiro encontro contra o Colegio Liceo La Paz Verde rematou cunha derrota por 9 - 7. O segundo encontro o disputaron contra o Colegio Liceo La Paz Blanco, cun resultado final de 9 - 7 a favor dos mariñaos.

VIVEIRO 9 - 7 LICEO LA PAZ VERDE
VIVEIRO 9 - 7 LICEO LA PAZ BLANCO

Balonmán Apartamentos Turisviveiro​: Sara, Andrea, Martín, Pablo M, Fiz, Pablo D, Lucas, Zaira e David.