Os equipos infantís fan un dobrete de vitorias avultadas dende a parte alta das respectivas táboas

Os dous xuvenís, o Viveiro masculino e o CP Lucense feminino, perderon por un gol a domicilio
ALE_CP Lucense-Abegondo_Noe-10
photo_camera ALE_CP Lucense-Abegondo_Noe-10

Xuvenil

O conxunto xuvenil do Balonmán Apartamentos Turisviveiro caeu pola mínima no seu desprazamento á cancha do Galitrans Pontedeume (23-22). Logo de chegar ao descanso cunha renda de dous goles (9-11), aos da Mariña escapouselles a opción de puntuar na cancha eumesa nun treito final no que os locais estiveron moito máis atinados en ataque ca os viveireses.

No feminino tamén derrota moi axustada do conxunto do CP Lucense, que foi por detrás todo o partido malia que sen deixar escapar o resultado.

PONTEDEUME 23 - 22 VIVEIRO

Balonmán Apartamentos Turisviveiro​: Manu e Nico;  Eneko (5), Pablo Gallego, Edgar (1), Pablo Piñón (5), Jose Juan (2), Martín (2), Dani, Héctor, Brais (1), Gabri Mamani, Lucas e Gabri Mariño (6).

PORRIÑO B 26 - 25 CP LUCENSE

Millaven Cento Jardin CP Lucense​: Carlota R (8), Sabela, Iria R, Carla (1), Nahomy (6), Jennifer, Eyram (2), Iria María (5), Anne (1), Uxía, Carlota V (2) e Mara.

 

Cadete

Avultado marcador na derrota para o CP Lucense cadete na categoría. A segunda do curso tras catro vitorias consecutivas o que lle fan baixar á terceira praza da táboa. 

ATLÁNTICO 40 - 27 CP LUCENSE

CP Lucense​: Pablo (10), Lucas (5), Roi, Júnior, Adrián M (3), Enol, Bieito, Rodrigo (2), Samuel (1), Alejandro, Iván (5) e Amir (1).

 

Infantil

Contundentes foron os dous equipos infantís do CP Lucense. Na feminina fóra venceron ao Liceo La Paz mentres que na masculina, gañaron na casa ao Culleredo. Elas só perderon un partido e son segundas de grupo e eles, a falta dun partido aprazado, son líderes e están invictos.

LICEO LA PAZ 16 - 25 CP LUCENSE

CP Lucense​: María (7), Ángela M (6), Sara (2), Ángela G (3), Elia, Ana, Aya (5), Laura, Khady (2) e Andrea (4).

CP LUCENSE 38 - 15 CULLEREDO 

CP Lucense​: Non Dispoñible.

 

 Alevín

Mala xornada para o alevín, que foi derrotado novamente ante o Atlántico a domicilio. Difícil tempada para o equipo lugués que se mantén na parte morna da táboa. 

ATLÁNTICO 10 - 6 CP LUCENSE

CP Lucense​: Óscar, Nuno, Rodrigo, Natalia, Martín, Ian, Breixo, Víctor, Joudya e Andrés.