Segunda vitoria consecutiva do equipo xuvenil feminino e vitoria abrumadora do infantil masculino

Os máis pequenos tiveron descanso mentres que o Viveiro xuvenil aprazou o duelo a petición do rival

Xuvenil

A segunda fase do conxunto xuvenil do Balonmán Apartamentos Turisviveiro non se celebrou finalmente esta fin de semana, xa que o equipo da Cañiza, o primeiro rival, pediu un aprazamento do duelo.

Si venceu esta fin de semana o CP Lucense feminino, que cun marcador de 27-23 puido sumar tres puntos moi necesarios na segunda vitoria consecutiva tras unha xeira de derrotas. As luguesas recuperan deste modo a sétima praza da competición e están empatadas a puntos coas sextas.

 CP LUCENSE 27 - 23 CASELAS

Millaven Cento Jardin CP Lucense​: Sabela (1), Iria R, Carla, Nahomy (7), Sheila (1), Jennifer, Eyram, Iria María (8), Adriana (8), Anne (1), Carlota (1), Mara e Uxía.

Cadete

O CP Lucense recuperou o seu duelo co Culleredo da pasada fin de semana e caeu por un gol de diferenza a domicilio rompendo a progresión de vitorias coa terceira derrota da tempada. Aínda así, o equipo mantén a segunda praza da competición.

 CULLEREDO 31 - 30 CP LUCENSE

CP Lucense​: Pablo, Lucas, Roi, Martín, Adrián M, Enol, Adrián F, Rodrigo, Samuel, Iván, Gabriel e Amir.

Infantil

O infantil do CP lucense celebrou o segundo partido da segunda fase con outra abrumadora vitoria sobre o OAR Coruña. O conxunto lugués está no grupo que pelexará polas 9 primeiras posicións da Liga. Venceron os de verde 34-5 ante o seu público dominando sen piedade.

A categoría feminina, á que lle faltan tres duelos por celebrarse para o final da liga, tivo descanso esta fin de semana. Miran dende o liderado ao resto de equipos empatadas co Atlático a puntos.

CP LUCENSE 34 - 5 OAR CORUÑA

CP Lucense​: Daniel, Lucas (11), Álvaro, Martín A, Adrián (8), David (2), Santiago, Víctor, Brayan, Alejandro, Iván (10) e André (3).