Manuel Fernández Varela

Manuel_Fernandez_Varela_CROMO

    Manuel Molina Mera

    Comisario general de Cruzada y una de las más relevantes personalidades de la Iglesia española en el primer tercio del siglo XIX. 
    Nació en el Ferrol el 21 de septiembre de 1772, siendo sus padres D. Andrés Fernández, oficial de la Real Armada y doña Agustina Varela, naturales de la Puebla del Caramiñal. Solía doña Agustina, que de asiento residía en aquella villa, hacer al Ferrol frecuentes viajes con objeto de visitar a su marido, reintegrándose seguidamente a la Puebla de Caramiñal; pero a mediados del 1772, en uno de sus viajes, detúvose algunos meses en la ciudad departamental, en cuyo tiempo dio a luz a nuestro biografiado. 
    Después de estudiar éste las primeras letras en la Puebla estudió Gramática con el preceptor D. José Alonso Gayoso y Rego, y luego en el convento de San Antonio del Sobre, la Filosofía «con mucho aprovechamiento». 
    Por Real orden de 20 de Junio de 1796 se le concedió una beca en la facultad-de Teología del Colegio mayor de Fonseca, en la ciudad de Compostela, completando sus estudios en la famosa Universidad de Salamanca. 
    En 1905 le encontramos regentando la feligresía de Santa María de Sada, en la provincia de la Coruña y ya entonces su crédito y reputación de orador sagrado eran tan grandes y unánimemente reconocido que, con motivo de las exequias funerales celebradas en la Iglesia Mayor del Departamento de Ferrol por los fallecidos en la trágica y memorable batalla de Trafalgar, le fue confiado a Fernando Varela el sermón fúnebre, que fue como todos los suyos, una obra maestra de elocuencia, dechado de buen decir y alado de patriotismo y de un unción religiosa. 
    Seguir paso a paso los progresos y rápidos adelantos de nuestro ilustre paisano en su brillante carrera es empresa que no cabe en los estrechos límites que en estas biografías nos hemos impuesto. Sucesivamente fue prior de Acova, canónigo de Lugo, Deán de la misma Iglesia, dignidad de la Primada de Toledo, predicador de Su Majestad, arcediano de Madrid, auditor honorario de la Rota, Teólogo consultor y examinador de la Nunciatura, y finalmente. Comisario general de la Santa Cruzada, Subsidio y Excusado, con lo que llegó al máximun de su magnífica carrera. 
    Espíritu, selecto, brilló en la Corte por su ingenio cultivado y sus vastos conocimientos, abriéndose ante él las puertas de todos loa palacios y siendo el más preciado ornamento de los salones de su época. De su riqueza y de su generosidad cuéntase anécdotas e historias que bastarían por si solas a llenar un libro. 
    Protector entusiasta de las letras el insigne Mariano José de Larra, que inmortalizó su pseudónimo de «Fígaro», dedicóle (1.° de enero de 1830) un hermoso romance en el cual se hace cumplida justicia a los preclaros y relevantes méritos del ilustre gallego.
    Arqueólogo exquisito, cuéntase que a el se debe que, en la destrucción de los ventanales que ornaban los cubos de las murallas romanas de Lugo, se consiguiera, cuando formó parte del cabildo lucense, la conservación de los dos arcos que aun hoy se alzan en el cubo frontero al barrio de la Mosquera. 
    Protector de las Artes, a su costa fue erigida la estatura en honor de Cervantes en la plaza de la Corte, de Madrid, así como la construcción en Italia, del espléndido monumento funerario que en la Catedral de Orense guarda los restos mortales de su Obispo el famoso Cardenal, D. Pedro de Quevedo y Quintano, Presidente de la Regencia del Reino en 1810, según consta de la inscripción en que lée: «EnM. Fern Varela Commis. S.
Cruo. tanto raosuíí devotiseimus”.
     Fue correspondiente de la Real Academia de la Historia y protector de la de Bellas Artes de San Fernando; hallábase en posesión de numerosas y muy preciadas condecoraciones y falleció en Madrid, a la edad de sesenta y dos años, el día 28 de septiembre de 1834. 

Alberto Vilanova Rodríguez et al. / GEG
    Orador sobranceiro e mecenas, cabeza visible dos ministerios preeminentes da Igrexa e da Corte no reinado de Fernando VII. Nace en Ferrol (A Coruña) o 21 de setembro de 1772. Fillo do oficial da Real Armada Andrés Fernández e de Agustina Varela, pasa os primeiros anos da súa vida no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal, de onde é oriúnda a súa mai, e alí recibe a educación filosófica primixenia no convento franciscano de Santo Antonio. En 1796 ingresa, cunha bolsa da Facultade de Teoloxía, no colexio Fonseca de Santiago de Compostela, do que é reitor; en palabras de Montero y Aróstegui, recibió con lucimiento los grados de licenciado y doctor en la propia ciencia. Ocupa a cátedra de tribuno sagrado o martes de Pascua de Pentecoste de 1798: no transcurso dunha misa solemne en sufraxio do cardeal, Fernández Varela exhibe as súas brillantes armas oratorias con "Oración fúnebre a la inmortal memoria del señor D. Alonso de Fonseca, arzobispo de Santiago", que ve a luz na Imprenta Real de Madrid. En 1802 incorpórase á Real Academia da Historia en calidade de membro correspondente e, segundo certos testemuños, a continuación pasa a se-lo capelán da casa de Lema Pimentel. Non obstante, oficialmente o principio da súa carreira relixiosa data de mediados de 1806 e sitúase no curato de Sada (A Coruña). Pouco tempo despois aproveita a estadía de Carlos IV en Aranxuez para exporlle as súas aspiracións, compracidas o 23 de xuño de 1807, por designación real, ó converterse en prior de Covas (Baralla), adscrita a Lugo; amais, ese ano obtén o rango de teólogo consultor e examinador sinodal do Tribunal da Nunciatura. A este período de comezos de século pertencen algúns panexíricos pronunciados co gallo de exequias históricas: na igrexa de San Xiao de Ferrol, pola glorificación das fazañas da mariña militar española no combate de Trafalgar; en San Filipe o Real, polo Apóstolo Santiago, titulada "El Abraham de la ley de gracia", laudatoria á que lle deu lectura por invitación da Hermandad de Naturales de Galicia; e na igrexa de San Filipe Neri, por San Francisco de Borja, duque de Gandía e segundo xeneral da Compañía de Xesús, a petición da súa descendente a condesa de Benavente, duquesa viúva de Osuna. Engádese unha oración patriótica en recordo da vitoria do pobo galego sobre as hostes desembarcadas na praia de Doniños co fin de destruí-los arsenais; dedicada á raíña María Luísa, edítase na capital madrileña a beneficio dos reclusos do cárcere do partido de Ferrol. No entanto, a traxectoria de Varela prospera ó longo do mandato de Fernando VII, circunstancia explicativa da súa adhesión incondicional ó monarca temible e das críticas acres suscitadas ó respecto. Entre 1810 e 1812 exerce de vigairo do deán da catedral lucense e, a partir do 9 de xullo de 1811, tamén de secretario de cámara en substitución do bispo Felipe Peláez Caunedo, pero o cargo máis importante que acada nesta época é o de cóengo de Lugo, do que toma posesión o 4 de xuño de 1815. Seguidamente, en agosto noméano predicador real, título conseguido con celeridade debido á protección do mordomo maior de palacio, o duque de San Carlos. A súa promoción continúa en setembro de 1816, co seu posto de auditor honorario da Rota, e en 1819, como individuo integrante do Consello Real. Por aquel entón segue a compaxina-lo seu deber coa declamación de varios sermóns mortuorios na honra do prelado Peláez (1811), do marqués de la Romana (1811), de María Isabel de Braganza (1819) e do papa Pío VII (1823), así como o destinado a festexa-lo restablecemento de Fernando VII no trono, por mor do cal lle outorgan a Cruz Sinxela de Carlos III, nunha cerimonia pomposa que ten lugar no convento das madres agostiñas recolectas da cidade amurallada. Así mesmo, acepta as invitacións para formar parte da Real Sociedad Económica de Amigos del País santiaguesa e coruñesa.
       O ascenso vertixinoso deste ferrolán insigne culmina en marzo de 1824, cando o conde de Ofalia, á fronte do Ministerio de Graza e Xustiza, o proclama por sorpresa comisario xeral da Santa Cruzada; porén, aínda en maio de 1825 accede ó rango de arcediago de Madrid. A súa etapa ó mando da comisaría, coincidente coa nacente década ominosa, caracterízase por unha ostentación maxestosa, reflectida tanto na súa sé, ricamente amoblada, coma nos seus hábitos, adornados con sedas, peles e encaixes e captados polo célebre pintor de cámara Vicente López no famoso retrato de Varela. A dignidade estreada facilita o seu afamado mecenado, de aí o alcume que lle atribúen os seus favorecidos (entre os que se encontran Espronceda e Pastor Díaz), El Magnífico, e as cualificacións xenerosas que lle brindan: novo brasón de España (Larra), magnate, cuxo nome se enlaza naturalmente cos estímulos dados ás letras e ás artes (Mesonero Romanos), protector de beneméritos (Martín Fernández de Navarrete), pai dos artistas (Capmani), excelente home (Rossini, que lle dedica a cantata "Stabat Mater"), ardente patriota (Lizcano)... Benito Pérez Galdós conclúe en Los apostólicos que o seu amor á esplendidez, ás artes, ás letras, a todo o que fora distinguido e antivulgar; o seu trato cortesán, as cuantiosas rendas de que dispuxo facían del un verdadeiro prócer, un mecenas, un magnate, superior por mil conceptos ós estirados e ignorantes señoróns da súa época. Inmerso nos ámbitos cultural e artístico, coa dotación de subvencións a expensas dos fondos da súa responsabilidade, obséquiano en agradecemento con designacións novas, como as de académico de honor, consiliario e, finalmente (1829), viceprotector da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e membro de honor da de San Carlos de Valencia (1827) e da das Ciencias Eclesiásticas de Santo Isidoro, e con distincións de máis categoría, nesta ocasión a Gran Cruz da real orde de Carlos III. Por outra banda, algúns acúsano de desvía-lo capital da Santa Cruzada en obxectos contrarios ó seu instituto, acción certa pero produtiva, pois custea, entre outros proxectos, o desecamento da lagoa de Antela, algunhas infraestruturas da Pobra do Caramiñal, as obras de ampliación do Hospital da Caridade de Ferrol, a construción do sepulcro do bispo Pedro de Quevedo na catedral de Ourense e o levantamento da estatua de Miguel de Cervantes en Madrid, e concédelles dádivas a distintas entidades, como o convento de San Francisco ou o Real Mosteiro de San Lourenzo do Escorial.
    Vítima do cólera, Manuel Fernández Varela falece en Madrid, en completo abandono, o 28 de setembro de 1834. A distribución testamentaria da súa fortuna agracia os seus familiares, amigos e criados, os pobres de Santiago do Deán (A Pobra do Caramiñal) e o Hospital da Caridade, ó que pertence o seu amigo Ángel Buceta. Postumamente, a Real Academia das Ciencias Eclesiásticas de Santo Isidoro dedícalle unha sesión na que actúa como panexirista o teólogo Antonio María de Busto e, en 1904, Manuel de Saralegui y Medina recompila os seus apuntamentos biográficos. 

Más en Álbum de los lucenses
Comentarios