Vantaxes da dispersión da poboación na crise provocada polo coronavirus

O concello de Baleira é un dos que se manteñen libres de contaxios e os veciños chaman a estar alerta
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Empleado dunha gasoleneira en Baleira. XESÚS PONTE

A dispersión da poboación en concellos da Montaña lucense como Baleira ata o de agora supón unha certa vantaxe na crise do coronavirus. No pobo baixou moito a actividade ao respecto dun día calquera e a praza está baleira, sen coches e coas randeeiras quietas.

Generated by  IJG JPEG LibraryAppleMarkNon pasea ninguén polas rúas e no centro de saúde a porta está pechada. Ao chamar ao timbre abren Laura Manchón (enfermeira) e Andrea Vilares (médica), que tamén atenden as visitas a domicilio. Contan que estes días a actividade diminuíu moito. Case só se atenden urxencias. Quen ten algunha doenza cura na casa, ou coa axuda de familiares e veciños cando se trata dalgunha ferida.

Quen ten que pinchar o sintrón chega xunto ao centro médico e permanece no coche. As sanitarias saen con máscaras e luvas e os pacientes agardan no vehículo polos resultados. Pola maña tamén fan as visitas a domicilios do Concello. Din que de momento está «todo controlado» e que os veciños «se portan moi ben». Quéixanse da falta de material de protección. Só teñen luvas —tiveron que levalas elas— e máscaras normais. O xel hidrofílico acabóuselles, pero grazas a unha doazón dunha farmacia de Lugo onte xa tiñan.

Os taxistas fan a compra e lévanlla ás persoas maiores das aldeas que non arriscan a saír da casa

Ao pasar por diante da recén aberta residencia de maiores está pechada. Dende fóra distínguense tres usuarios charlando nunha zona común. O dono do supermercado, Vito Valiño, conta que "está todo moi parado. Isto vai para largo", di. Á parte del só están abertos a gasolineira, o taller, a panadería, outro ultramarinos e a tenda de pensos. Os taxistas fan a compra e lévanlla ás persoas maiores das aldeas que non arriscan a saír da casa. Van tirando.

Generated by  IJG JPEG LibraryAppleMarkXunto ao supermercado está o taller dos irmáns Adolfo e Antonio Díaz. Contan que case non teñen traballo. Só hai dous coches subidos nos elevadores —que xa estaban de antes— e unha furgoneta dunha institución oficial que lles levaron estes días. Semellan relaxados. Fronte ao taller está a gasolineira de Cepsa que atende Cesar Pousada. Nestes días baixaron as vendas un 80%. A crise xa está a deixar o seu impacto económico. A estación nútrese sobre todo de "turistas" que van cara á costa e agora vende pouco. Pousada opina que deben parar todos os sectores e quedar na casa para controlar a expansión do virus. Afirma que só tiñan que abrir unhas cantas gasolineiras en sitios estratéxicos. Se viñese alguén de fóra co virus poderíallo contaxiar, e el pasarllo aos veciños.

O alcalde Ángel Martínez Puga, que exerce como médico en Lugo, asegurou que "neste municipio de momento non hai ningún caso, que saibamos". Engade que os veciños están confinados na casa e que as consultas médicas se fan por teléfono, «salvo que teñan que acudir ao centro de saúde».

O servizo de Axuda no Fogar continúa funcionando «normalmente», aínda que sen visitas a donde hai xente na casa. Contáctase telefonicamente a diario. As traballadoras desprázanse a donde viven "grandes dependentes, persoas que están soas ou encamadas". Quen está só e precisa comida ou medicación ten á súa disposición o teléfono do Concello para chamar e deixar aviso. 2O persoal municipal ponse en contacto con eles e lévaselles o que precisan", afirma o alcalde.

Martínez Puga destaca que solo traballan as empresas de primeira necesidade e suspendéronse as actividades relacionadas co Camiño de Santiago e a Semana Santa. 2Hai que esperar que isto pase pronto, pedirlle á xente do concello que teña paciencia e cumpra as recomendacións sanitarias que hai, porque é a forma eficaz de loitar contra isto2, comenta.

Hai que esperar que isto pase pronto e pedirlle á xente que teña paciencia e cumpra as recomendacións sanitarias

"Está todo pechado, o único aberto son os bancos, os supermercados e a farmacia", comenta Julio Fernández Pin, presidente da Asociación de Hostaleiros do Cádavo. A xente está na casa. "É raro ver alguén por fóra». O supermercado quédalle a cinco quilómetros e vai «cando fai falta", un día ou dous como moito, explica. Di que a situación prexudica á hostalaría, tanto na Fontaneira, donde vive el, como en todo o concello, pois a maioría dos establecementos están vencellados ao Camiño. "Hai quen fixo grandes investimentos e teñen que estar moi preocupados", di. Destaca que as forzas de seguridade están a facer o seu traballo. A el xa o pararon cando ía dar de comer aos animais, preto da casa.

Mar Freire cre que a situación no Cádavo é "un pouco relaxada", e a xente "está moi confiada". Hai quen leva máscara, di, "pero cando chegan á porta da farmacia quítana e xúntanse varios a charlar", di. "Pechei a tenda e algún reñeume (ri). E dígolles: quero volver a vervos a todos cando abra".

Comentarios