O tráfico desviarase desde este luns en Trabadelo por traballos de mantemento en viadutos da A-6

Unha vez que finalice esta primeira parte das obras, dará comezo a segunda
Tramo de la A-6 en Trabadelo. GSV
photo_camera Tramo de la A-6 en Trabadelo. GSV

Os traballos de conservación e mellora dos viadutos de Trabadelo obrigará desde este luns a desviar o tráfico da A-6, entre os quilómetros 412,7 e 414,8. Esta primeira fase das obras obrigará ao corte total da calzada esquerda da autovía, a que discorre en sentido Madrid, polo que os vehículos que circulen por esa zona serán desviados mediante transfers situados entre pasos de mediana á calzada contraria, que operará en modo bidireccional cun carril habilitado para cada sentido da circulación.

Unha vez que finalice esta primeira parte das obras, dará comezo a segunda, na que se producirá o corte do tráfico na calzada dereita. O orzamento total das obras ascende a 2,15 millóns de euros e, previsiblemente, finalizarán a finais de anos.

O estado do viaduto de Trabadelo preocupaba por unha gran focha que presentaba no taboleiro. Estes novos desvíos súmanse aos de Castro, onde a autovía se mantén cortada desde que hai xusto un ano colapsase un dos viadutos no que tamén se estaba a traballar.