sábado. 21.09.2019 |
El tiempo
sábado. 21.09.2019
El tiempo

Rescatados dous turistas aos que o GPS guiou ata unha estrada sen saída en Negueira de Muñiz

Oficinas del 112.
Oficinas del 112.
Foron os propios implicados os que contactaron co 112 Galicia para dar conta da súa situación

Os servizos de emerxencia rescataron na tarde do venres a dous turistas alemáns que chegaron a unha estrada sen saída empregando o GPS en Negueira de Muñiz. Segundo puido saber o 112 Galicia, as dúas persoas circulaban  no seu coche por un camiño da parroquia de Ernes cando remataron sen posibilidades de continuar a marcha.

Foron os propios implicados os que contactaron co 112 Galicia para dar conta da súa situación ao fío das 16.45 horas. Así, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron o envío da súa posición a través da aplicación WhatsApp.

Unha vez recibidas as coordenadas e para localizalos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriu a intervención da Garda Civil e dos voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negueira de Muñiz. Ademais, desde o 112 Galicia informouse dos feitos aos Bombeiros de Barreiros.

Unha vez na súa procura, os membros de Protección Civil atoparon ás persoas, que foron recollidas e levadas a Ernes en perfecto estado de saúde. Por outra banda, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o coche vai ser recollido por un guindastre ou un tractor.

Rescatados dous turistas aos que o GPS guiou ata unha estrada sen...
Comentarios