O PP propón a antiga escola de San Román como sede do centro de maiores de Cervantes

O grupo popular presentará no pleno da Deputación do próximo martes unha moción para pedir o impulso ao proxecto
Ameijide (segundo pola dereita) con outros cargos do PP, en Cervantes.
photo_camera Ameijide (segundo pola dereita) con outros cargos do PP, en Cervantes.

O grupo provincial do Partido Popular, cuxo portavoz é Antonio Ameijide, presentará no pleno da Deputación do próximo martes unha moción na que pedirá ao goberno provincial que impulse a residencia de maiores de Cervantes.

Os populares propoñen, ademais, que se estude a posibilidade de que esta nova instalación se sitúe no edificio que ocupaba a antiga escola fogar de San Román.

Os populares cren que a súa proposta serviría para dar "unha magnífica oportunidade" a unhas instalacións "sen futuro e que levan paradas desde hai anos".

Antonio Ameijide lembra que o grupo municipal do PP de Cervantes xa solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario para debater este asunto, "dada a necesidade que hai non municipio de contar con este servizo".

O portavoz popular tamén lamenta que, a pesar das promesas do PSOE e BNG "en cada campaña electoral desde 2015, a día de hoxe aínda non teñan decidido nin a localización da nova residencia".

Comentarios