Miércoles. 26.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 26.06.2019
El tiempo

Pedrafita volve rexistrar a mínima da provincia, con -5,1 grados

Este venres nevou en puntos altos da provincia, como no parque eólico de Sotavento, en Xermade. EP
Este venres nevou en puntos altos da provincia, como no parque eólico de Sotavento, en Xermade. EP

Na madrugada deste venres alcanzáronse refachos significativos en Viveiro, con 78,3 quilómetros por hora

Pedrafita e Cervantes volveron rexistrar este venres as temperaturas mínimas na provincia de Lugo, con 5,1 e 5 grados baixo cero, respectivamente.

A temperatura máis baixa da comunidade rexistrouse no municipio ourensán da Veiga, con -6,6 graos centígrados nunha xornada con 40 provincias españolas con risco (amarelo) ou risco importante (laranxa) por aludes, fenómenos costeiros, desxeos, choivas, nevadas, tormentas ou vento, entre elas o catro galegas. 

Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, na madrugada deste venres as temperaturas mínimas en Galicia corresponderon a municipios situados a máis de 900 metros de altitude como os ourensáns da Veiga (-6,6º) e Carballeda de Valdeorras (-6,1º).

Mentres, en localidades con altitude menor de 900 metros a mínima correspondeu este venres a Antas de Ulla (Lugo) e Baltar (Ourense), con -1,5 graos centígrados.

VENTO. En canto ao vento, na madrugada e primeiras horas deste venres alcanzáronse refachos significativos nalgúns concellos con altitude menor de 900 metros como Viveiro, con 78,3 quilómetros por hora, e Cedeira, con 76,4 km/h. 

Pola súa banda, en localidades de montaña como Pedrafita alcanzáronse na madrugada deste venres refachos máximos de 62,9 quilómetros por hora e en Baleira, na mesma provincia, de 60,1. 

Pedrafita volve rexistrar a mínima da provincia, con -5,1 grados
Comentarios