lunes. 30.11.2020 |
El tiempo
lunes. 30.11.2020
El tiempo

Morre aos 94 anos Justa Señor Rancaño, a última ferreira da Fonsagrada

Justa Señor, cunha alumna. AEP
Justa Señor, cunha alumna. AEP
Divulgou o oficio en numerosas actividades no municipio e no Museo Comarcal

Fonsagrada lamenta a morte da súa ferreira, Justa Señor Rancaño con 94 anos de idade. Señor foi a última muller en desempeñar este oficio no muncipio, e unha das poucas en facelo, tanto nas Terras de Burón coma no resto de Galicia. Iso si, o seu amor pola forxa está presente nas novas xeracións, xa que nos últimos anos da súa vida, despois de deixar o martelo de máis de tres quilos que tiña que utilizar para dar forma ás ferramentas, divulgou o seu oficio en numerosas actividades no centro educativo do municipio e no Museo Comarcal.

A súa memoria tamén quedará gravada a ferro nos veciños. Xusta Señor aprendeu a ser ferreira da man do seu pai aos 16 anos e coa determinación de seguir un oficio tradicionalmente asignado só aos homes. A súa vontade foi, neste sentido, tan forte coma o material que traballou durante tantos anos. A súa casa natal en Carballido sempre estaba chea de xente con ferramentas para arranxar na forxa. Despois de casar, esta veciña seguiu en contacto co oficio de ferreira e ademais traballou no campo e no coidado dos seus no campo e no coidado dos seus fillos.

O cadaleito foi conducido na mañá deste sábado dende o tanatorio Regueiro, na Fonsagrada, até o cemiterio parroquial de San Andrés de Logares, onde se celebrou o funeral de enterro na igrexa parroquial. A familia agradece a compaña nestes momentos, dentro das restricións marcadas pola situación sanitaria.

Morre aos 94 anos Justa Señor Rancaño, a última ferreira da Fonsagrada
Comentarios