Necroloxías

Manuel Antonio Mirón Ferreiro

DICÍA O escritor catalán Josep Pla que na vida "hai amigos, coñecidos e saudados". Manuel Antonio Mirón Ferreiro pertence á primera categoría, porque son moitos os momentos compartidos ao seu carón, onde nunca faltaba a alegría. Era unha persoa que se facía querer por todos. Non só polo seu sentido do humor, polo seu enxeño e polo seu discurso franco e sincero, senón principalmente polo seu trato afable, cercano e pola súa particular forma de ser e entender a vida, afastada de convencionalismos.

Por iso a súa prematura marcha aos 69 anos de idade déixanos moi tocados aos seus veciños do Cádavo, que dun tempo a esta parte fomos vendo como se ía apagando a súa luz, a súa chama, a súa chispa, que tempo atrás iluminaba calquera festa ou celebración.

Fóisenos Mironcín, como era alcumado este home poliédrico e singular que foi concelleiro, taxista, labrego e moitas cousas máis, e quédanos un baleiro inmenso nesta Baleira nosa que aínda se está a recuperar do duro golpe que supuxo tamén a recente perda de Obdulia e Toñita.

Sirvan estas liñas de homenaxe ao amigo Manolo e para expresar a nosa condolencia á súa familia, que esta tarde seguramente estará moi arroupada por todos na igrexa parroquial do Cádavo, onde ás catro se celebrará o funeral. Descanse en paz. A.R.

AGRADECEMENTOS. A familia da finada Serafina Barja Alvariño (q.e.p.d.), ante a imposibilidade material de contestar as numerosas testemuñas de pésame, agradece por este medio a asistencia aos actos de funeral e enterro celebrados onte, venres, día 13, en Lugo, e as mostras de condolencia recibidas.

—A familia do finado Manuel Ceide Cruz (que en paz descanse), ante a imposibilidade material de contestar ás numerosas testemuñas de pésame, agradece por este medio a asistencia aos actos de funeral e enterro celebrados onte, venres, día 13, en Friol, e as mostras de condolencia recibidas.

Comentarios